Xurxo Otero Bouzós, nado en Nigrán o 28 de xaneiro de 1969, é un exfutbolista e actual adestrador de fútbol galego. Xogaba de defensa lateral, tanto na banda esquerda como na dereita.
Traxectoria Como futbolista Tras xogar no Gran Peña, fichou polas categorías bases do Real Club Celta en 1987, debutando co primeiro equipo en 1990, na segunda división. En 1994 xogou a final da copa do Rei contra o Real Zaragoza, e en xullo dese mesmo ano xogou Mundial USA 94 coa selección española de fútbol.
Ese mesmo verán fichou polo Valencia CF, onde estivo tres tempadas, logrando ser subcampión na liga 1995-96, na que xogou 37 partidos. En 1997 fichou polo Real Betis, en 2001 polo Atlético de Madrid, e en 2003 polo Elche CF de segunda división, onde se retirou despois da tempada 2004-05.
Combinados nacionais Tras xogar dous partidos coa selección española sub-21 en 1988 e 1989, debutou coa selección española de fútbol o 8 de setembro de 1993 nun amigable en Alacant contra a selección chilena de fútbol, gañando por 2-0. Participou en dous partidos da Copa do Mundo de 1994 e nun da Eurocopa de 1996, facendo un total de 9 seleccións co combinado estatal.
Trala súa retirada, mostrouse favorable ao regreso da selección galega de fútbol, que se materializou en 2005 nun partido fronte ao Uruguai, no que Otero foi un dos capitáns xunto a Fran.
Como adestrador Despois de deixar a práctica do fútbol comezou a carreira de adestrador. Entre 2014 e 2016 estivo no banco do Rápido de Bouzas e entre 2016 e 2018 no Arousa, en ambos os casos na Terceira División.http://www.farodevigo.es/deportes/2015/12/03/jorge-otero-seguir-linea-manteniendo/1362151.htmlhttp://www.farodevigo.es/deportes/2016/06/07/arosa-presenta-otero-nuevo-tecnico/1475216.html En maio de 2018 volveuse facer cargo do Rápido de Bouzas, desta vez na Segunda División B. Só permaneceu uns meses no cargo, pos en outubro substituíuno Míchel Alonso. En xaneiro de 2020 chegou ao banco do Alondras, ao que adestrou durante unha campaña e media na Terceira División.
En xuño de 2021 anunciouse que sería o novo adestrador do Arousa, na nova Segunda División RFEF, comezando así a súa segunda etapa no club.
Xurxo foi o segundo de Javier Maté cando tomou o relevo de Jacobo Montes na tempada 2023 da Segunda RFEF e xuntos acadaron a permanencia do Coruxo FC na categoría.
Palmarés TítuloClubAnoSegunda División: 1991–92Celta de Vigo1991-1992Segunda División: 2001–02A. Madrid2001-2002
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en bdfutbol.com
Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do Gran Peña Categoría:Xogadores do Valencia CF Categoría:Xogadores do Real Betis Balompié Categoría:Xogadores do Atlético de Madrid Categoría:Xogadores do Elche CF Categoría:Xogadores do Celta de Vigo Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Galicia Categoría:Nados en Nigrán Categoría:Nados en 1969 Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España sub-21 Categoría:Xogadores do Celta de Vigo internacionais coa selección de fútbol de España Categoría:Futbolistas de Nigrán Categoría:Adestradores de fútbol de Galicia Categoría:Adestradores do Rápido de Bouzas Categoría:Adestradores do Arosa SC Categoría:Adestradores do Alondras CF Categoría:Futbolistas mundialistas de Galicia