Ramiro I, nado ca. do ano 792, sucedeu a Afonso II como rei de Galiza após depoñer o nobre palatino Nepociano.
Traxectoria esquerda|miniatura|Bandeira de Ramiro I durante a batalla de Clavijo.|130x130px Pasou a mocidade na corte ovetense. Parente do rei Afonso II (talvez sobriño), foi nomeado herdeiro cara ao ano 829, sendo a continuación enviado á Galiza nuclear, un xeito de asegurar a súa sucesión.Cotarelo Valledor (1933). p.43
Morto Afonso "o casto" sen herdeiros, o trono foi ocupado por Nepociano, segundo a Crónica Albeldense, un nobre emparentado co propio rei que contaba con apoios na parte oriental do reino. Porén, Ramiro foi coroado como rei en Lugo polos seus partidarios en xaneiro do ano 843, marchando a continuación contra Oviedo. Nepociano, cun exército de ástures e vascóns, saíu ao seu paso enfrontándoo na batalla da Ponte de Corniana nas proximidades da ponte do río Narcea. As forzas de Ramiro impuxéronse doadamente facendo fuxir a Nepociano quen, unha vez capturado foi cegado e confinado nun mosteiro por orde do rei Ramiro.
Durante o seu conflitivo reinado, Ramiro enfrontou incursións musulmáns por mar e terra e os primeiros ataques dos normandos. Segundo os Annales Bertiniani, no 1 de agosto de 844, un grupo procedente dunha expedición pola costa francesa foi rexeitado polo seu exército nos arredores da Coruña forzándoos a continuar cara Lisboa.
Ao seu tempo fíxose remontar posteriormente a ficticia batalla de Clavijo coa que se inventou a tradición do "Voto de Santiago". Cedeu a coroa ao seu fillo Ordoño I á súa morte no ano 850.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Barbosa Álvarez, José Manuel (2008). Atlas histórico da Galiza, Ediçons da Galiza, ISBN 978-84-936218-1-0.
López Carreira, Anselmo; Fernández Calo, Tucho (2003). Os reis de Galicia, Vigo : A Nosa Terra, 2003. ISBN 84-96203-27-1. López Carreira, Anselmo (2005). O reino medieval de Galicia, Edicións A Nosa Terra, Promocións Culturais Galegas, S.A. ISBN 84-96403-54-8. López Teixeira, Xosé Antonio (2003). Arredor da conformación do Reino de Galicia (711-910). Editorial Toxosoutos. Outros artigos Lista de monarcas de Galicia Lista de monarcas de Asturias
Categoría:Reis de Galicia Categoría:Nados en 790 Categoría:Finados en 850