Andrés Palop Cervera, nado en L'Alcúdia (Valencia) o 22 de outubro de 1973, é un exfutbolista e actual adestrador de fútbol español. Xogaba de porteiro.
Traxectoria Formado na canteira do Valencia CF, a tempada 1997/98 foi cedido ao Villarreal CF, que por entón xogaba na Segunda División Española. Co submarino amarelo fixo historia, ao lograr esa tempada o ascenso a Primeira división, por primeira vez na súa historia. Na máxima categoría Palop seguiu defendendo a portería do Villarreal con notables actuacións. Ao termo da tempada e consumado o descenso vilarrealense, o Valencia CF decidiu fichalo de novo.
En Valencia permaneceu seis tempadas nas que o club cultivou múltiples éxitos (dúas ligas, unha Copa da UEFA, unha Supercopa de Europa e dous subcampionatos da Liga de Campións da UEFA). Con todo, Palop sempre estivo á sombra de Santiago Cañizares, e en seis anos só foi aliñado en 43 partidos de liga.
O verán de 2005 abandonou Valencia para incorporar ao Sevilla FC, onde axiña se converteu nun dos alicerces do equipo. Na súa primeira tempada conquistou a Copa da UEFA, o primeiro trofeo europeo na historia do club. O título reeditouse a seguinte tempada e Palop xogou un papel destacado. O 15 de marzo de 2007, Palop converteuse no heroe da xornada para o seu equipo, xa que este perdía 2-1 co Shakhtar Donetsk de Ucraína nos oitavos de final da Copa da UEFA e no tempo de desconto fixo o gol do empate rematando de cabeza un saque de esquina. Na final, xogada o 16 de maio de 2007 contra o RCD Espanyol, Palop converteuse unha vez máis no heroe do seu equipo ao parar tres lanzamentos durante a quenda de penaltis, na que o Sevilla FC se impuxo 3 penaltis a 1 tras concluír o tempo regulamentario co resultado de 1-1 e a prórroga con 2-2. Nese partido foi designado MVP do mesmo.
A tempada 2006/07 tamén conquistou a Supercopa de Europa e a Copa do Rei, ademais de terminar a liga en terceira posición, logo de pelexar durante toda a tempada polo título.
O día 19 de maio de 2010 logrou unha nova Copa do Rei co Sevilla FC tras imporse ao Atlético de Madrid no Camp Nou de Barcelona por 0-2. Como homenaxe a Antonio Puerta, decidiu pór a camiseta co número 16 para recoller a copa de mans do Príncipe Felipe.
En xuño de 2013 fichou polo Bayer Leverkusen por unha tempada.
Selección nacional O 20 de agosto de 2007 foi convocado por primeira vez pola Selección de fútbol de España como recambio de urxencia do lesionado Iker Casillas, con vistas a un partido amigable contra Grecia,Casillas non viaxará a Grecia e Luís chama a Palop aínda que non chegou a debutar.
Posteriormente foi incluído no combinado español que participou na Eurocopa 2008. Tras a vitoria na final, Palop vestiu a camiseta de Luís Miguel Arconada para recibir o trofeo, como homenaxe ao ex porteiro internacional cuxo fallo na final da Eurocopa 1984 supuxo a derrota española ante Francia, un xesto que emocionou a Arconada. Curiosamente, é campión de Europa coa Selección Española sen debutar, polo que non conta como internacional.
Palmarés Campionatos nacionais TítuloClubPaísAnoLiga EspañolaValencia CFEspaña2002Liga EspañolaValencia CFEspaña2004Copa do ReiSevilla FCEspaña2007Supercopa de EspañaSevilla FCEspaña2007Copa do ReiSevilla FCEspaña2010
Copas internacionais TítuloEquipo (*)PaísAnoCopa da UEFAValencia CFEspaña2004Supercopa de EuropaValencia CFEspaña2004Copa da UEFASevilla FCEspaña2006Supercopa de EuropaSevilla FCEspaña2006Copa da UEFASevilla FCEspaña2007EurocopaSelección nacionalEspaña2008
Distincións individuais TítuloEquipo (*)PaísAnoMellor xogador da final da Copa da UEFASevilla FCEspaña2007Trofeo ArconadaSevilla FCEspaña2009
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en bdfutbol.com Datos do xogador en transfermarkt.co.uk
Categoría:Nados en 1973 Categoría:Nados na provincia de Valencia Categoría:Futbolistas da Comunidade Valenciana Categoría:Gardametas de fútbol Categoría:Xogadores do Valencia CF Mestalla Categoría:Xogadores do Villarreal CF Categoría:Xogadores do Valencia CF Categoría:Xogadores do Sevilla FC Categoría:Xogadores do Bayer Leverkusen Categoría:Futbolistas gañadores da Eurocopa Categoría:Adestradores de fútbol de España Categoría:Adestradores do CD Alcoyano