O TuS Nettelstedt-Lübbecke é un equipo de balonmán da localidade de Lübbecke, Renania do Norte-Westfalia (Alemaña). Compite na Handball-Bundesliga, a máxima categoría do balonmán alemán.

Historia O TuS Nettelstedt ascendeu por primeira vez á Bundesliga en 1976 e viviu os seus anos de gloria entre os anos '80 e '90. En 1981 gañou unha Recopa de Europa fronte ao SC Empor Rostock (Alemaña) e unha Copa de Alemaña, mais descendeu á segunda categoría en 1983. Logo de moitos anos sen conseguir ningún éxito, en 1997 conseguiu alzar o seu primeiro título da City Cup ao vencer na final ao Kolding IF (dinamarqués), título que revalidaría o ano seguinte tras derrotar ao IFK Skövde sueco.

Palmarés 1 Copa de Alemaña: 1981 1 Recopa de Europa: 1981 2 City Cup: 1997, 1998

Cadro de xogadores: 2015-2016 NºNOMENACIONALIDADEPOSICIÓN1Nikola Blazicko 13pxPorteiro5Benjamin Herth Central8Jens BechtloffExtremo esquerdo9Gabor LanghansLateral dereito11Ramon TauaboExtremo dereito12Linus HappelPorteiRo14Niclas PieczkowskiLateral dereito16Matevž SkokPorteiro19Vuk LazovićPivote21Felix BahrenbergLateral dereito23Tim Suton/Lateral esquerdo24Bobby Schagen Extremo dereito33Jens SchöngarthLateral dereito34Vuko BorozanLateral esquerdo69Christian KlimekPivote85Tim Remer Extremo esquerdo

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web oficial do TuS Nettelstedt-Lübbecke

TuS