miniatura|260px|Macho do escaravello Monochamus galloprovincialis, o principal vector de B. xylophilus en España. O Bursaphelenchus xylophilus, coñecido vulgarmente como o nematodo do piñeiro é un verme nematodo que infesta os piñeiros, destruíndo as canles de circulación da resina, o que e fai que murchen e morran.Bursaphelenchus xylophilus, Pine Wilt Nematode . Nematology. Lincoln: University of Nebraska.
Encóntrase en gran parte dos Estados Unidos, e no Canadá, México, o Xapón, a China, Taiwán, Corea, Portugal e Galicia.Bursaphelenchus xylophilus. Nemaplex. UC Davis.
A Galicia chegou a finais de 2010.Llera, L. C. "Medio Rural tala y quema 15 pinos para frenar la plaga del gusano en Salvaterra", La Voz de Galicia, 2-12-2010.
Bursaphelenchus xylophilus está considerado como a maior ameaza mundial sobre os piñeirais.Webster, J. & Mota M. M. (2008): Pine Wilt Disease: Global Issues, Trade ad Economic Impact, rn Mota, M. M. & Vieira, P. R., eds. Pine Wilt Disease: A Worldwide Threat to Forest Ecosystems. Springer. ISBN 978-1-4020-8454-6.
Historia Da mortalidade dos piñeiros no Xapón informou por primeira vez Munemoto Yano (矢野 宗 幹) na prefectura de Nagasaki en 1905.Yano, M. (1905): 長崎県下松樹枯死原因調査. 山林公報4 .
O nematodo descubriuse por primeira vez na madeira do piñeiro Pinus palustris en Louisiana, Estados Unidos. Steiner e Burhrer informaron de que este nematodo era unha nova especie, que nomearon como Aphelenchoides xylophilus en 1934.Steiner, G. & Burher, E. M. (1934): "Aphelenchoides xylophilus, n. sp, a nematode associated with blue stain and other fungi in timber". Journal of Agriculture Research 48944951.
En 1969, os patólogos de plantas xaponeses Tomoya Kiyohara (清 原 友 也) e Yozan Tokushige (徳 重陽 山) descubriron moitos nematodos descoñecidos en piñeiros mortos nas illas Kyūshū do Xapón.Tokushige, Y. & Kiyohara, T. (1969): (Bursaphelenchus sp. na madeira de piñeiros mortos). 日本林学会誌 51 (7): 193-195 . Entón, inocularon experimentalmente o nematodo a piñeiros sans e noutras coníferas e observáronos. Morreron os piñeiros sans, especialmente Pinus densiflora e Pinus thunbergii. Con todo, puideron sobrevivir Pinus banksiana e Pinus taeda, o cedro Criptomeria japonica e o ciprés Chamaecyparis obtusa.Kiyohara, T. & Tokushige, Y. (1971): (Experimento de inoculación dun nematodo, Bursaphelenchus sp., en piñeiros). 日本林学会誌 53 (7): 193-195 . Estes investigadores concluíron que o nematodo era o patóxeno que estaba detrás do aumento da mortalidade dos piñeiros xaponeses.
En 1972, un ano despois de que se publicara o artigo innovador de Kiyohara e Tokushige, Yasuharu Mamiya e T. Kiyohara consideraron que o nematodo era o patóxeno causante da mortalidade dos piñeiros, e que era unha especie nova que nomearon como Bursaphelenchus lignicolous.Mamiya, Y. & Kiyohara, T. (1972): "Description of Bursaphelenchus lignicolous n. sp. (Nematode: Aphelenchoidae) from pine wood and histopahology of nematode infected trees". Nematology 18 (1): 120-124. Finalmente, Bursaphelenchus lingnicolous, o nematodo xaponés, foi reclasificado como a especie americana B. xylophilus en 1981.Nickle, W. R.; Golden, A. M.; Mamiya, Y. & Wergin, W. P. (1981): "On the taxonomy and morphology of the pine wood nematode, Bursaphelenchus xylophilus (Steiner &Buhrer 1934) Nickle 1970". J. Nematol. 13 (3):385-92.
No Xapón producíronse epidemias causadas polo nematodo do piñeiro, especialmente durante os veráns secos e cálidos.Dwinell, L. D. & W. R. Nickle. (1989): An Overview of the Pine Wood Nematode Ban in North America. Gen. Tech. Rep. SE-55. Asheville, North Carolina: USDA, Forest Service, Southeastern Forest Experiment Station.Mota, M. M. & P. C. Vieira. (2008): "Pine wilt disease in Portugal". En: Zhao, B. G.; Futai, K.; Sutherland, J. R. & Takeuchi, Y., eds. Pine Wilt Disease. ISBN 978-4-4317-5655-2, pp. 33-38. Springer Japan.Suzuki, K. (2002): "Pine Wilt Disease: a threat to pine forest in Europe". Dendrobiology 48: 71-74.
Distribución Malia ser nativo de Norteamérica, o nematodo do piñeiro espallouse ao Xapón, a China, Vietnam, Australia, Escandinavia, Portugal e Galicia, e foi nalgúns destes novos ecosistemas onde causou un maior dano a distintas especies de piñeiro. Aínda que non é especialmente virulento nas coníferas orixinarias de Norteamérica, no Xapón estímase que o nematodo do piñeiro é o responsable da destrución duns 26 millóns de metros cúbicos de madeira.Dwinell L. D. & Nickle W. R. (2004): "An Overview of the Pine Wood Nematode Ban in North America" , in Forests Pests, maio de 2004. Tense observado, ademais, que a virulencia da enfermidade asociada ao nematodo é especialmente intensa nos países con temperaturas cálidas no verán, superiores a 25 °C, como Australia, Portugal ou determinadas áreas do Xapón, pois estas altas temperaturas levan aparelladas maiores taxas de reprodución do nematodo.
Morfoloxía Os vermes do xénero Bursaphelenchus son todos funxívoros e todos necesitan de vectores (adoito escaravellos e couza) para a súa distribución. A diferenciación entre o Bursaphelenchus xylophilus e outras especies non patóxenas do mesmo xénero é moi complexa debido ás semellanzas morfolóxicas, pero pódese conseguir unha identificación axeitada a través de análises moleculares coma os RFLP.Cram M., Hanson J., How to Identify and Manage Pine Wilt Disease and Treat Wood Products Infested by the Pinewood Nematodes . Departamento de Agricultura dos Estados Unidos.
Etoloxía
O nematodo do piñeiro vive en distintas especies de piñeiro, se ben a súa acción é menos destrutiva nas coníferas onde é orixinario. De feito, as árbores máis afectadas en Norteamérica pertencen a especies importadas de Europa e Asia. Tamén se ten identificado a súa presenza noutras especies, como lárices, cedros, piceas e abetos.Pinewood Nematode , Bartlett Tree Research Laboratories (pdf).
O ciclo básico da vida do nematodo do piñeiro é o común á maior parte das especies de nematodos, con catro fases xuvenís e unha fase adulta onde combinan os dous sexos (macho e femia). Este ciclo básico desenvólvese dentro da madeira, onde os nematodos se alimentan de fungos e non da propia madeira. O nematodo do piñeiro non pode moverse entre as árbores, e depende para o transporte dun insecto vector. Aínda que se teñen identificado distintas especies vectoras ao longo do planeta, as máis delas pertencen ao xénero Monochamus, uns escaravellos con dúas antenas longas e finas que se alimentan de cortiza como adultos, pero que na súa fase larval viven no interior da madeira. É nesta fase larval cando os escaravellos inxiren os nematodos, que se aloxan finalmente nas traqueas dos insectos adultos. É na fase reprodutiva cando os escaravellos volven transmitir os nematodos a unha nova árbore, ao poñeren os ovos nela. É precisamente na introdución do nematodo cando se produce o dano sobre a árbore, pois o nematodo destrúe as células epiteliais que constitúen o sistema transportador de resina da árbore.
Andazo e tratamento miniatura|dereita|300px|Zona afectada tralo primeiro caso detectado de nematodo do piñeiro en Galicia. En verde mazá, o punto onde apareceu o primeiro caso, entre Salvaterra de Miño e As Neves. En gris, a zona onde foi obrigatorio cortar e queimar a madeira dos piñeiros e en verde claro o perímetro de seguridade e control especial O nematodo do piñeiro manifesta os seus primeiros síntomas nas árbores en primavera e no verán, cando o piñeiro deixa de exsudar resina polas feridas abertas na casca. Pouco e pouco as follas van perdendo a cor ata transformárense nun marrón claro que son indicio da morte da árbore. Nun piñeiro murcho por causa dos nematodos a madeira está seca e sen resina.
Non existe tratamento para o nematodo. Pódese previr o espallamento da enfermidade con embargos á circulación de madeira e coa queima inmediata de toda a madeira infectada. A fumigación con fosfina de aluminio ten dado resultados positivos para o tratamento de serraduras e chips de madeira.
Dado que o desprazamento dos insectos vectores é reducida (uns 3 km ao longo de toda a súa vida), a maior ameaza para as producións de madeira é o transporte comercial.El nematodo de la madera del pino , Consellería de Medio Ambiente, Agua, Urbanismo y Vivienda. Generalitat Valenciana. A introdución de madeira contaminada co nematodo do piñeiro está prohibida na Unión Europea dende o ano 2000.Rodrigues, J. National Eradication Programme for the Pinewood Nematode, in Mota, M. M.; Vieira, P. R. (eds.) Pine Wilt Disease: A Worldwide Threat to Forest Ecosystems. Springer, 2008, ISBN 978-1-4020-8454-6 En 1999 foi localizada a enfermidade desencadeada polo nematodo na península de Setúbal, e as autoridades portuguesas instauraron unha devasa fitosanitaria que levou á paralización do movemento de madeira nunha zona costeira dun millón de hectáreas ao sur do río Texo. Os embargos á comercialización de madeira e os cordóns fitosanitarios non foron, con todo, eficientes. En 2008 o nematdodo da madeira estaba espallado por todo Portugal e en 2010 foi detectada a enfermidade por primeira vez en Galicia.
En Galicia Unha serie de estudos realizados a mediados da primeira década do século XXI en España detectou tanto a presenza de distintos nematodos do xénero Bursaphelenchus (pero non da especie xylophagus) como a dunha ampla lista de insectos vectores destes nematodos. En especial, detectouse a presenza de Monochamus galloprovincialis, que era na altura o insecto considerado vector principal da enfermidade en Portugal, ao longo da fronteira lusoespañola: os estudos atopárono na zona meridional de Pontevedra, pero non na comarca de Verín.Potential Insect Vectors of Bursaphelenchus spp. (Nematoda: Parasitaphelenchidae) in Spanish Pine Forests , in Mota, M. M.; Vieira, P. R. (eds.) Pine Wilt Disease: A Worldwide Threat to Forest Ecosystems. Springer, 2008, ISBN 978-1-4020-8454-6.
Porén, a principios do outono de 2010 atopouse un exemplar de piñeiro infectado na Vesadiña (Salvaterra de Miño), no límite co concello das Neves. En novembro confírmase a presenza do nematodo e a mediados dese mes a Xunta de Galicia ordena o corte de todas as especies susceptibles de acoller o parasito nun radio de quilómetro e medio (parte das parroquias de Taboexa, Leirado, Lira e Meder), así como o establecemento dunha zona de especial vixilancia en 20 km ao redor onde tanto a corta como a comercialización de madeira se someten a controis especiais.Resolución do 17 de novembro de 2010, da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, pola que se declara no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia a presenza do organismo de corentena Bursaphelenchus xylophilus (Steiner et Buhrer) Nickle et al. (nematodo do piñeiro) e se ordena comezar as medidas para a súa erradicación, DOG, 17/11/2010
Boas novas para Galicia, e para o mundo