O Instituto de Astrofísica das Canarias é un centro de investigación español localizado nas Illas Canarias, aproveitando a calidade e claridade dos seus ceos. Os seus observatorios e o Instituto de Astrofísica constitúen o Observatorio Norte Europeo. Ten a súa sede na cidade de San Cristóbal de la Laguna (Tenerife).

Trátase dun consorcio público integrado polo Goberno de España, o Goberno das Canarias, a Universidade de La Laguna e o Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) que ademais ten participación de institucións de dezanove países. Algúns destes países participan na toma de decisións grazas ao Comité Científico Internacional (CCI). O director vitalicio e fundador do instituto foi Francisco Sánchez. Foi sucedido como director en agosto de 2013 por Rafael Rebolo López e en xullo de 2024 por Valentín Martínez Pillet.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Observatorio Norte Europeo

Categoría:Canarias Categoría:Institucións científicas de España Categoría:Astrofísica