José Manuel Traba López, nado en Fisterra o 29 de setembro de 1957, é un exfutbolista galego. Xogaba de dianteiro e é o terceiro máximo goleador da historia do Deportivo da Coruña, con 108 goles.
Traxectoria Naceu en Fisterra e criouse con seus avós, pois seus pais emigraron aos Países Baixos. Aos 14 anos foi estudar á Coruña, ao Colexio de Mestría Industrial. Xogou no equipo do colexio e logo pasou ao Santa Margarita SD, primeiro no equipo xuvenil e logo no primeiro equipo ao que chegou con só 16 anos.
En xaneiro de 1975, con 17 anos, foi fichado polo Deportivo da Coruña, e asignado inicialmente ao Fabril. Debutou co Deportivo na tempada 1975–76 en Segunda División. Fíxoo no Estadio de Balaídos nun derbi fronte ao Celta de Vigo. Tras dúas tempadas nas que apenas dispuxo de minutos foi cedido en 1977 ao Compostela, en Segunda División B. Co equipo santiagués anotou 23 goles en 35 partidos, rematando como máximo goleador da categoría, aínda que o equipo acabou descendendo.
Volveu logo á Coruña, onde compartiu dianteira con Alfonso Castro primeiro e con José Luis Vara e Vicente Celeiro despois. Mantivo un gran rexistro goleador durante case todas as tempadas e converteuse no segundo máximo goleador da historia do club, só por detrás de Chacho. Aos 29 anos rompeu unha tibia nun partido de liga contra o Figueres, e aínda que volveu aos terreos de xogo, o seu rendemento non volveu ser o mesmo. Retirouse ao remate da tempada 1987–88 tras 13 anos como xogador do Deportivo.
Selección española Foi internacional coa selección española xuvenil, coa que disputou o Campionato Europeo de 1976 en Hungría, onde o combinado español chegou ata semifinais, caendo eliminados fronte á Unión Soviética. Logrou a medalla de bronce.
Tras a retirada Despois de deixar o fútbol dedicouse ao mundo da banca e logo ao da radio, traballando como comentarista deportivo na Radio Galega.
Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en BDFutbol
Notas
Categoría:Nados en 1957 Categoría:Nados en Fisterra Categoría:Futbolistas da provincia da Coruña Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do Deportivo Fabril Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña Categoría:Xogadores da SD Compostela