José Antonio García López, nado en Sarria o 13 de xuño de 1971, é un avogado e político galego do PPdeG.
Traxectoria Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. En 1999 ocupou o número tres na lista da Agrupación Sarriana de Integración (ASI) en Sarria, a cal fixo alcalde ao socialista Claudio Garrido Martínez e foi tenente de alcalde e concelleiro de Urbanismo. Nas municipais de 2003 encabezou a lista de Iniciativa Galega (INGA), onde se integrara a súa formación, consiguindo 2 concelleiros e converténdose en alcalde co apoio do Partido Popular (6 edís) e dunha tránsfuga do BNG, tendo sido o PSdeG-PSOE o máis votado con 7 concelleiros. Encabezou a candidatura do PPdeG en Sarria nas eleccións municipais de 2007 e logrou sela forza máis votada, pero perdeu a alcaldía dado que o PSdeG alcanzou un pacto de goberno co BNG e o Partido Galeguista. Foi elixido deputado no Parlamento de Galicia polo PPdeG nas eleccións autonómicas de 2009. En 2011 encabezou de novo candidatura do PPdeG á alcaldía de Sarria, obtendo a maioría absoluta e recuperando a alcaldía, polo que dimitiu como deputado do Parlamento de Galicia. En 2015 perdeu a maioría absoluta e a alcaldía, dado que o PSdeG alcanzou un pacto con Compromiso por Galicia e o BNG. En 2019 encabezou de novo a candidatura popular e sigueu perdendo apoios, sendo derrotado polo exalcalde socialista Claudio Garrido Martínez, o cal encabezaba a candidatura Camiña Sarria e recuperou a alcaldía. En setembro de 2022 abandonou a portavocía do PPdeG tras haber renunciado a continuar na presidencia local do partido en Sarria.
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Sarria
Ligazóns externas Ficha en galegos.info José Antonio García renuncia a la portavocía del PP de Sarria
Categoría:Alcaldes de Sarria Categoría:Alcaldes de Galicia de candidaturas independentes Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia polo PPdeG Categoría:Nados en Sarria Categoría:Nados en 1971 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes