Fernando Alonso Amat, nado en Madrid o 3 de decembro de 1918 e finado en Vigo o 3 de xaneiro de 1990, foi un escritor e avogado galego.

Traxectoria Fillo de pai galego. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, foi inspector técnico fiscal en Vigo, presidente do Real Club Náutico de Vigo e Delegado Especial do Estado na Zona Franca de Vigo dende 1978 ata 1989. Publicou moitos traballos literarios e artigos sobre cine, temas fiscais e outros en xornais e revistas.

Obras Iris y el viento (novela, Madrid, 1954).Finalista do Premio Fastenrath da Real Academia Española en 1958. La boca tapada con agua (novela, Madrid, 1956).

Recoñecementos Medalla da cidade de Vigo 1986. Vida persoal

Casou con María Francisca Romero Ramos e foi pai de Fernando Alonso Romero.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (en DVD).

Ligazóns externas El impuesto del timbre..., conferencia de Alonso Amat, 1953 .

Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1918 Categoría:Finados en 1990 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes