Darko Miličić, nado o 20 de xuño de 1985 en Novi Sad, Serbia, RFS Iugoslavia, é un xogador de baloncesto profesional que actualmente é axente libre.

Traxectoria profesional Miličić foi seleccionado na 2ª posición do Draft da NBA de 2003 polos Detroit Pistons por detrás de LeBron James, e por delante de xogadores do nivel de Carmelo Anthony, Chris Bosh e Dwyane Wade. Porén, Miličić nunca recibiu moitos minutos de xogo nas dúas tempadas e media que estivo no equipo, así que foi traspasado aos Orlando Magic xunto ao base Carlos Arroyo a cambio de Kelvin Cato e unha elección de primeira rolda do Draft de 2007 (Rodney Stuckey).

O 12 de xullo de 2007, o primeiro día de axencia libre, Miličić asinou cos Memphis Grizzlies un contrato de tres anos, por valor de 21 millóns de dólares.Milicic, Grizzlies agree on three-year deal 11 de xullo de 2007

O 25 de xuño de 2009, Miličić foi traspasado aos New York Knicks a cambio de Quentin Richardson e diñeiro. O 17 de decembro de 2009, dixo que a súa intención era deixar a NBA e volver ao baloncesto europeo na seguinte tempada.

O 17 de febreiro de 2010, Miličić foi traspasado aos Minnesota Timberwolves a cambio de Brian Cardinal. O 1 de xullo, os Timberwolves e Miličić acordaron unha ampliación de contrato por 4 anos e 20 millóns de dólares. O 12 de xullo de 2012, os Timberwolves aplicaron a cláusula de amnistía para cortar a Miličić.

En setembro de 2012, Miličić asinou cos Boston Celtics.Celtics Sign Milicic O 21 de novembro de 2012, os Celtics cortaron a Miličić a petición do propio xogador, para atender uns asuntos persoais.Celtics Waive Milicic

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com

Categoría:Nados en 1985 Categoría:Nados en Novi Sad‎ Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores de baloncesto de Serbia Categoría:Xogadores do KK Hemofarm Categoría:Xogadores dos Detroit Pistons Categoría:Xogadores dos Orlando Magic Categoría:Xogadores dos Memphis Grizzlies Categoría:Xogadores dos New York Knicks Categoría:Xogadores dos Minnesota Timberwolves Categoría:Xogadores dos Boston Celtics Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Detroit Pistons Categoría:Pivotes de baloncesto