Antonio Manuel Landeira Gallardo, nado en 1971, é un empresario e político galego, que durante un tempo foi alcalde de Santa Comba polo PPdeG. Traxectoria Empresario, foi presidente da asociación de empresarios de Santa Comba.

Nas eleccións municipais de 2011 encabezou a candidatura do PPdeG á alcaldía de Santa Comba e foi elixido alcalde grazas ao apoio dos concelleiros de Independentes por Santa Comba. Dimitiu en novembro de 2014El alcalde de Santa Comba dimite y alega “motivos personales” e aínda que alegou motivos persoais, días despois coñeceuse que dera positivo nun control de alcolemia mentres conducíaDetenido el exalcalde de Santa Comba en la Operación Qatedra, la Voz de Galicia, 17/11/2015.. Substituíuno na alcaldía a primeira tenente de alcalde, María Pose Rodríguez.

Posteriormente, a finais de 2015 viuse implicado nunha trama de falsificación de subvencións formativas na súa faceta como empresario. No ano 2019 a causa foi sobresida ao non quedar acreditado que tivese algo que ver nin el nin a súa familia.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Santa Comba

Ligazóns externas Blog de Antonio Landeira Antonio Landeira: “Espero ver obras en la carretera hacia Compostela en el año 2015”

Categoría:Alcaldes de Santa Comba Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en 1971 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes