Galaxy Evolution Explorer, máis coñecido polo seu acrónimo GALEX e tamén nomeado como Explorer 83, é un observatorio espacial da NASA pertencente ó programa Explorer lanzado o 28 de abril de 2003 desde Cabo Cañaveral mediante un foguete Pegasus XL.

Características A misión de GALEX é observar o ceo na banda ultravioleta para estudar a orixe e evolución das galaxias e a orixe das estrelas e os elementos pesados no rango do corremento ao roxo (z) entre 0 e 2.

O satélite estabilízase nos tres eixos e a alimentación eléctrica é proporcionada por catro paneis solares fixos con células de arseniuro de galio. O bus está baseado no OrbView 4 da empresa Orbital Sciences.

As comunicacións teñen lugar mediante unha ligazón en banda X cunha velocidade de descarga de ata 25 Mbps. Úsase a banda S para enviar comandos cara ao satélite e para obter datos de mantemento, cunha velocidade de ata 2 Mbps.

miniatura|A galaxia de Andrómeda observada no ultravioleta por GALEX.

Instrumentos GALEX usa un telescopio de 50 cm de apertura de tipo Ritchey-Chretien que encamiña a luz a un par de sensores capaces de observar no rango de lonxitudes de onda de 175 a 280 nanómetros e no rango de 135 a 174 nanómetros.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina de GALEX no Caltech

Categoría:Programa Explorer