Roland J. Campiche, nado en 1937, é un sociólogo suízo, que traballa no ámbito da socioloxía da relixión.

Traxectoria É profesor da socioloxía da relixión na Universidade de Lausana, foi presidente da Sociedade Internacional da Socioloxía da Relixión (1991-1995) e da sección francesa do Instituto de Ética Social da Federación de Igrexas Protestantes de Suíza ata 2001. En 1999 fundou o Observatorio das Relixión de Suíza para a investigación e o coñecemento do cambio relixioso. O seu ámbito de investigación céntrase na mocidade e relixión en Europa e sobre as seitas.

Obras Urbanisation et vie religieuse, Payot, 1968 (tese de doutoramento) Croire en Suisse(s), Lausanne: L'Âge d'Homme, 1992 Quand les sectes affolent Lausanne et Genève: IES et Labor et Fides, 1995 La Religion: Frein à l'égalité Hommes/femmes?, ASSR 95, 1996 Cultures jeunes et religions en Europe, París: Le Cerf, 1997 Régulation de la religion par l'Etat, nouvelles perspectives, ASSR 121, 2003 Les deux visages de la religion Genève: Labor et Fides, 2004 La religion visible Lausanne: Presses polytechniques et universitaires romandes, 2010

Notas

Véxase tamén Outros artigos David G. Bromley Ligazóns externas Vídeo de Roland J. Campiche falando con motivo do libro La religion visible

Campiche Categoría:Nados en 1937