Beqa é unha illa de Fiji, preto da illa principal de Viti Levu, 10 quilómetros ao sur. A illa ten unha superficie de 36 quilómetros cadrados e alcanza unha altitude máxima de 462 metros.
Tradición
Das 9 aldeas da illa, Dakuibeqa (a vila principal), Dakuni, Soliyaga Rukua son famosas pola tradición de andar sobre o lume.
Enerxía
O Fiyi Times informou o 25 de febreiro de 2006 que os máis de 3000 habitantes dos seis pobos e os cinco resorts estaban explorando xeitos de atopar unha fonte confiable de enerxía para Bekaa. Estabanse considerando as enerxías eólica e solar, así como o tendido dun cable a través do Estreito de Beqa desde a parte continental.
Economía A principal fonte de ingresos de Beqa é o turismo, ten 4 resorts: Lawaki Beach House, Beqa Lagoon Resort (antes Marlin Bay Resort), Kulu Bay Resort, Lalati Resort e nun illote fronte a Beqa (chamado Steward Island) o máis ou menos exclusivo Royal Davui Resort. Actualmente, non hai outros Resorts previstos en Beqa.
Existen algunhas empresas agrícolas a pequena escala que cunha mellor infraestrutura poderían ser ampliadas e convertidas nunha fonte de ingresos máis grande para os distintos pobos da Beqa.
Véxase tamén
Ligazóns externas Lawaki Beach House. "About Beqa Island". Información xeral. (En inglés). Fiji.islands-travel.com. "Beqa Island Travel Guide". Información xeral. (En inglés). Wikimapia.org. Imaxe satelital.
Categoría:Illas de Fiji