Eladio Medel Iglesias, nado en Maside o 21 de maio de 1973, é un avogado e escritor galego.

Traxectoria Doutor en Dereito pola Universidade de Vigo, exerce como avogado en Ourense desde o ano 2000.

Como escritor publicou o poemario Fóra do muro (2010) e o ensaio Compliance. Modelo e sistema de prevención penal (2018) que logo da reforma do Código Penal en 2015 explica como se ten que producir a introdución do compliance officer na empresa. Colabora na revista INviable.INviable

Foi militante de Podemos, e nas eleccións xerais de 2015 encabezou a candidatura Ourense pola Esquerda. Obra

Ensaio Compliance. Modelo e sistema de prevención penal. Universidade de Vigo, 2018 (libro electrónico).

Poesía Fóra do muro, 2010, Concello de Vilagarcía de Arousa. Traducida ao castelán como Fuera del muro, 2020, Editorial Lumamia (libro electrónico).

Obras colectivas Administración Pública, 2005, Grupo Academia Postal. 150 Cantares para Rosalía de Castro, 2015 (libro electrónico).

Premios Gañador do Premio de narracións breve Frouma do Concello de Barbadás no 1997. Gañador do Premio de poesía O Grelo da Fundación Amigos de Galicia no 2010, por Fóra do muro.

Notas

Categoría:Avogados de Maside Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá

Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Nados en Maside Categoría:Nados en 1973 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Alumnos da Universidade de Vigo