Para a serie de videoxogos, vexa Age of Empires.
Age of Mythology (comunmente abreviado como AoM) é un videoxogo para PC de estratexia en tempo real en base mitolóxica desenvolvida por Ensemble Studios e publicada por Microsoft Game Studios. Lanzado ó mercado o 1 de novembro de 2002 nos Estados Unidos e unha semana máis tarde en Europa. O xogo ten unha expansión coñecida como Age of Mythology: The Titans.
Forma parte da saga de videoxogos Age of Empires. Age of Mythology está inspirado nos mitos e lendas dos gregos, exipcios e nórdicos. Porén, moitos elementos do xogo son semellantes ós outros videoxogos de Age of Empires. As campañas están baseadas no almirante da Atlántida Arkantos, o cal se ve obrigado a viaxar polas terras das tres culturas do xogo á caza dun ciclope que se aliou con Poseidón en contra da Atlántida.
Opcións do xogo O xogo permite xogar individualmente (escenarios individuais), contra outros opoñentes vía Internet ou superar tódolos niveis dunha campaña. Nesta campaña, o heroe Arkantos, nado na Atlántida, terá que partir da súa patria por perder o favor dos deuses. Emprenderá unha aventura que o levará á Guerra de Troia, a recuperar as reliquias do deus exipcio Osiris e visitar o inframundo a fin de vencer ó principal antagonista do xogo (Gargarensis). Arkantos acada a inmortalidade como premio pola súa xesta.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina oficial do xogo
Categoría:Age of Empires Categoría:Videoxogos de 2002 Categoría:Videoxogos de estratexia en tempo real Categoría:Videoxogos de Windows Categoría:Videoxogos de OS X Categoría:Videoxogos de MacSoft Categoría:Videoxogos dun xogador e multixogador