Keōua Kalanikupuapaʻikalaninui Ahilapalapa, tamén coñecido como Keōua ou Keōua Nui (Keōua o Grande en lingua hawaiana), foi un nobre hawaiano, proxenitor da Dinastía Keōua e pai de Kamehameha I, primeiro monarca do reino unificado de Hawai.
Keōua morreu entre os anos 1767 e 1768. Os seus restos foron guindados ós cantís da Baía de Kealakekua, á cal os nativos hawaianos alcuman como pali kapu o Keōua, que significa «os cantís esquecidos de Keōua».
Véxase tamén Ligazóns externas Sobre Keōua Nui no sitio oficial da Casa Real de Hawai.
Categoría:Dinastía Keōua