A Comarca (na súa versión orixinal en inglés: The Shire) é unha localización ficticia que forma parte do legendarium creado polo escritor británico J. R. R. Tolkien e que aparece nas súas novelas O hobbit e O Señor dos Aneis.
É unha rexión situada no noroeste da Terra Media, un dos continentes do mundo ficticio de Arda onde transcorre a maior parte do legendarium de J. R. R. Tolkien. Atópase, á súa vez, dentro da gran rexión de Eriador, onde anteriormente existiu o reino de Arnor. Está poboada exclusivamente por hobbits, unha raza emparentada cos homes e caracterizada pola súa baixa estatura. Fundada a mediados da Terceira Idade do Sol, a súa historia coñecida é reducida e sen apenas acontecementos importantes debido á natureza pacífica dos seus habitantes, a excepción dos feitos ocorridos durante a Guerra do Anel.
Os hobbits chámana Sûza (que significa «Comarca») ou Sûzat («A Comarca»), termos que teñen a súa orixe no rohírrico, a lingua de Rohan coa que entraron en contacto antes de colonizar a Comarca. Por outro lado, na lingua élfica sindarin chámana i Drann. Tamén é chamada Catro cadernas, nome que fai referencia á súa división territorial.
Se ben non aparece mencionada como tal na novela O hobbit, J. R. R. Tolkien xa tiña entón unha idea de como era a Comarca, creada «oficialmente» durante a composición do primeiro capítulo de O Señor dos Aneis e inspirada principalmente no barrio de Sarehole, Birmingham, onde o autor viviu durante a súa nenez.
Descrición na ficción miniatura|upright=2.25|Mapa esquemático da Comarca
Tolkien foi moi minucioso no tocante aos detalles exactos da Comarca. O hobbit e O Señor dos Aneis conteñen pouca información sobre a súa elaborada xeografía ficticia, historia, calendario e constitución, se ben os apéndices de edicións posteriores recollen máis detalles. O académico especializado en Tolkien Tom Shippey comenta que, de todos os xeitos, espertan na mente do lector unha sensación de «profundidade», dun lugar complexo e real, unha cualidade que Tolkien consideraba esencial para o éxito dunha obra de fantasía.
Xeografía
Catro cadernas
Na ficción de Tolkien, descríbese a Comarca como unha terra pequena pero fermosa, idílica e próspera, adorada polos hobbits que a habitaban. Tiñan agricultura, pero non industrializada. A paisaxe estaba formada por outeiros de calcaria e fragas, como a campiña inglesa. A Comarca estaba situada no interior, e a maioría dos hobbits temía o Mar., Prólogo A súa extensión era de 40 leguas (193 km ou 120 millas)Segundo Tolkien, unha legua equivale a 3 millas, véxase Unfinished Tales, The Disaster of the Gladden Fields, Appendix on Númenórean Measure. de leste a oeste e 50 leguas (241 km ou 150 millas) de norte a sur, cunha área aproximada de 47 000 m² (18 000 millas cadradas): máis ou menos equivalente aos Midlands ingleses. A principal parte da Comarca, e a máis vella, estaba delimitada ao leste polo río Brandiviño, ao norte por terras altas que ascendían até os Outeiros de Tardefosca, ao oeste polas Lombas Distantes e ao sur por unhas brañas. Máis adiante expandiuse cara ao leste até Gamoedo entre o Brandiviño e o Bosque Vello, e (moito máis tarde) cara ao oeste, até a Marca Occidental entre as Lombas Distantes e os Outeiros das Torres., Apéndice B e Apéndice C.
miniatura|upright=1.35|Un precedente da Comarca: o mapa de 1761 de Hans Henrik Knoff amosa a división de Islandia en catro cadernas —Norte, Sur, Leste e Oeste.
A Comarca estaba dividida en catro cadernas (cuartas partes),, «Prólogo», «Da ordenación da Comarca» ao igual que Islandia no pasado; de xeito similar, o condado de Yorkshire estivera dividido en tres distritos. A Pedra das Tres Cadernas marcaba aproximadamente o centro da Comarca., Mapa de parte da Comarca. Estaba inspirada en Four Shire Stone (que significa «Pedra dos Catro Condados»), preto de Moreton-in-Marsh, onde outrora lindaban entre si catro condados, e dende 1931, fano tres. En Inglaterra hai varias «Pedras dos Tres Condados» (Three Shire Stones), como no Distrito dos Lagos, e antigamente había «Carballos dos Tres Condados» (Three Shire Oaks), como en Whitwell, Derbyshire, coa función de marcar o lugar no que confluían tres condados. Pipin naceu en Pozobranco (Whitwell no orixinal inglés), na Terra de Tuc. Dentro das cadernas están as terras natais dalgúns clans, non recoñecidas oficialmente: case todos os Tuc viven en Redobrada ou preto dela, no País do Outeiro Verde.
Gamoedo
Gamoedo, tamén coñecida como as «Marcas Leste», estaba xusto ao leste da Comarca, alén do río Brandiviño. Recibía o seu nome da familia Brandigamo, e fundárase «moito tempo antes» como «unha especie de colonia da Comarca»." O rei Elessar outorgou a Fronteira do Oeste, tamén chamada as «Marcas Oeste», á Comarca despois da Guerra do Anel.
Prebe
Ao leste da Comarca atopábase a illada vila de Prebe, que era única pola convivencia de hobbits e homes. Nela estaba a pousada chamada O Poni Rampante, célebre pola súa excelente cervexa, que os hobbits e mais o mago Gandalf tiveron ocasión de probar. Moitos dos habitantes de Prebe, incluído o pousadeiro Orxeiro Manteiga (Barliman Butterbur no orixinal inglés), tiñan apelidos de orixe vexetal. O termo inglés butterbur refírese a unha planta do xénero Petasites que Tolkien describía como «repoluda e grosa», elixida claramente porque resultaba axeitada para un home gordo. Tolkien suxería dúas orixes posíbeis para a xente de Prebe: unha alternativa era que fora fundada e poboada por homes dos Edain que non chegaron a Beleriand na Primeira Idade, ficando ao leste das montañas en Eriador; a outra era que os homes procedían dos brunos. O nome orixinal de Prebe, Bree, significa «outeiro»; Tolkien xustificou o topónimo situando a vila e a Terra de Prebe circundante en torno a un outeiro, chamado Momprebe. O nome da vila Brill, en Buckinghamshire, un lugar que Tolkien adoitaba visitarTom Shippey, Tolkien and Iceland: The Philology of Envy e que o inspirou na creación de Prebe, ten o mesmo significado: Brill é unha contracción moderna de Breʒ-hyll. Ambas as sílabas queren dicir «outeiro» –a primeira en céltico e a segunda en inglés antigo.
Historia
Os primeiros asentamentos de hobbits na Comarca datan do ano 1601 da Terceira Idade (ano 1 da Era da Comarca), e foron iniciativa dos irmáns Marcho e Blanco. Os hobbits do val do Anduin migraran ao oeste atravesando as perigosas Montañas Bretemosas, vivindo en zonas inhabitadas de Eriador antes de se trasladaren á Comarca.
Trala caída de Arnor, a Comarca mantívose como reino independente; a xente da Comarca elixía un Thain que asumía os poderes do rei. Os primeiros Thains eran os xefes do clan Gamovello. Cando os Gamovello se asentaron en Gamoedo, o cargo de Thain transferiuse pacificamente ao clan Tuc. Os Montesíos do Norte protexían en segredo a Comarca, vixiando as fronteiras e repelendo os intrusos. Polo xeral, os únicos estraños que entraban na Comarca eran ananos que viaxaban polo Gran Camiño dende as súas minas nas Montañas Azuis e, ás veces, elfos que se dirixían aos Portos Grises. En 1147 E.C., os hobbits impediron unha invasión de orcos na Batalla dos Campos Verdes. En 1158 E.C., milleiros de hobbits faleceron no Longo Inverno e na gran fame que o seguiu. No Inverno Cruel de 1311 C.E., lobos brancos procedentes de Forodwaith invadiron a Comarca cruzando o río Brandiviño conxelado.
miniatura|upright=1.35|A casa de Bilbo e, máis tarde, Frodo Bulseiro en Vila Bulsa, Hobbiton construída en Nova Zelandia
Os protagonistas d’O hobbit e O Señor dos Aneis, Bilbo e Frodo Bulseiro, vivían en Vila Bulsa, un luxoso smial ou burato-hobbit escavado no Outeiro, na parte norte da vila de Hobbiton na Caderna Oeste. En 1341 E.C., Bilbo Bulseiro deixou a Comarca ao emprender a aventura que se relata n’O hobbit. Volveu o ano seguinte, traendo consigo un anel máxico que resultou ser o Anel Único. Catro Espectros do Anel invadiron a Comarca na procura do Anel. Mentres Frodo, Sam, Merri e Pipin estaban fóra na súa misión de destruír o Anel, Saruman apoderouse da Comarca a través do seu secuaz Loto Sacovila-Bulseiro. Xuntos gobernaron a Comarca como unha parodia de estado moderno, con rufíans armados, talla de árbores, destrución de fermosos edificios antigos e fea industrialización.
A Comarca foi liberada coa axuda de Frodo e os seus compañeiros ao volveren da Batalla de Ribadauga (a derradeira batalla da Guerra do Anel). A Comarca replantouse con terra do xardín de Galadriel en Lothlórien (un agasallo para Sam). Os habitantes da Comarca consideraron o ano 1420 E.C. como o máis produtivo e próspero da súa historia.
Lingua miniatura|upright=1.35|Segundo Tom Shippey, Tolkien inventou partes da Terra Media para resolver o envurullo lingüístico que creara sen querer ao empregar diferentes linguas europeas como base para as dos pobos do seu legendarium.
Os hobbits da Comarca falaban a Oestron ou Lingua Común da Terra Media. Porén, Tolkien presentou o seu idioma como inglés moderno n’O hobbit e O Señor dos Aneis, igual que usara a lingua nórdica antiga para os nomes dos ananos. Para resolver este envurullo lingüístico, creou a ficción de que as linguas de certas partes da Terra Media foran «traducidas» a diversas linguas europeas, inventando o idioma dos Xinetes de Rohan, o rohírrico, que logo «traduciu» como o dialecto mercio do inglés antigo, que coñecía ben. Deste xeito estabeleceuse unha relación semellante a unha liñaxe entre Rohan e a Comarca.
Goberno
A Comarca tiña un goberno moi básico. O alcalde de Pedra Furada era o cargo de maior rango e, na práctica, equivalente ao alcalde da Comarca.A Irmandade do Anel, «Prólogo», «Da ordenación da Comarca» Había un Servizo de Carteiros para o correo e 12 "oficiais" (tres por cada caderna) da Vixilancia para a policía; a súa función principal era reunir o gando extraviado. A xeito de reforzos había un número variábel de "Fronteirizos", un corpo non oficial que vixiaba as raias. No período d’O Señor dos Aneis, había moitos máis Fronteirizos do habitual, un dos poucos indicios que tiñan os hobbits sobre os turbulentos tempos que corrían. Os líderes das principais familias exercían autoridade sobre os seus territorios.
O Señor de Gamoedo, xefe hereditario do clan Brandigamo, gobernaba Gamoedo e tiña unha certa autoridade sobre o Estrago, xusto alén do río Brandiviño.
De maneira similar, o xefe do clan Tuc, a miúdo chamado «O Tuc», gobernaba a morada ancestral dos Grandes Smials dos Tuc, a vila de Redobrada e a zona da Terra de Tuc, e desempeñaba o cargo de Thain.
Inspiración
Un calco de Inglaterra
Shippey escribe que a Comarca non é simplemente evocadora de Inglaterra: Tolkien esmerouse en crear a Comarca como un calco de Inglaterra, elemento por elemento.