Steven Lee "Luke" Lukather, nado o 21 de outubro de 1957 nos Ánxeles (California), é un guitarrista, cantante, compositor e produtor americano, coñecido polo seu traballo na banda americana Toto. Lukather gravou partes de guitarra para máis de 1500 álbums, para unha gran cantidade de artistas e xéneros diferentes. Contribuíu tamén en álbums como compositor ou produtor. Lukather editou seis álbums en solitario, e está a traballar no sétimo.

En 1976, cando Lukather tiña 19 anos, foi invitado polos seus compañeiros de instituto David Paich e os irmáns Porcaro, Steve e Jeff, a formar parte da súa banda, Toto. Foi membro da banda ata a súa separación no ano 2008, e segue involucrado nas xiras que fan periodicamente. Foi nomeado a doce Premios Grammy, e gañou cinco. Mentres que o seu traballo con Toto baseábase principalmente no pop rock e o seu traballo en solitario no rock progresivo e no hard rock, moitos dos traballos á parte de Lukather céntranse no jazz fusion. Colaborou durante moito tempo co guitarrista de jazz Larry Carlton, e foi membro da banda de jazz fusion Los Lobotomys.

Influenciado por guitarristas de blues rock coma Jimi Hendrix ou Jimmy Page, e outros de jazz fusion coma Al Di Meola e Frank Gambale, Lukather é coñecido polo seu estilo "melódico e intenso". É tamén recoñecido pola súa eficiencia no estudio, xa que pasou de usar moitos efectos de guitarra no estudio e usar o mínimo de efectos no proceso do son.

Discografía Solo Lukather (1989) Candyman (1994) Luke (1997) No Substitutions: Live in Osaka (2001) Santamental (2003) Ever Changing Times (2008) All's Well That Ends Well (2010)

Toto Categoría principal: :Categoría:Álbums de Toto.

Los Lobotomys Los Lobotomys (1999)

Véxase tamén Ligazóns externas Web Oficial de Steve Lukather

Categoría:Músicos dos Estados Unidos de América Categoría:Guitarristas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados nos Ánxeles Categoría:Nados en 1957