Sogama, a Sociedade galega do medio ambiente, é unha empresa pública da Xunta de Galicia ao 51% e o outro 49% de Gas Natural Fenosa. Foi creada en 1992 polo Decreto 111/1992 e depende da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

Infraestruturas Sogama ten 37 plantas de transferencia de lixo (20 de titularidade de Sogama, 11 da Deputación de Ourense, 5 da Xunta e unha da mancomunidade do Morrazo) para atender a 294 concellosRede de plantas de transferencia (PDF).. Nestas plantas transfírese o lixo recollido polos camións dos concellos a colectores selados de 20 toneladas que serán trasladados a Cerceda en camións ou trens para o seu tratamento. Os concellos pagan por cada tonelada que entregan.

Sogama faise cargo do lixo xeral, o lixo que non se entrega separado para reciclado. Os concellos xa teñen contratada con outras empresas a reciclaxe do vidro, cartón e papel, materiais que xa non chegan a Sogama. Nun colector amarelo faise a recollida dos envases lixeiros: plásticos, latas, bricks e similares que serán separados en Cerceda o que se financia co punto verde, impostos que se pagan a través dos fabricantes de envoltas.

Instalacións miniatura|Tren con colectores de Sogama thumb|Acceso a Sogama en Cerceda.|centro Sogama ten unha superficie de 665.000 m2 e unha capacidade para recibir de 500.000 a 550.000 toneladas anuais. A planta de Sogama en Cerceda recibe 800.000 toneladas anuais.

O lixo chega en camións ou trens (a planta ten terminal propia de tren), alí faise unha separación previa con imáns da parte metálica e por cintas transportadoras e tambores xiratorios. A parte que xa non pode ser aproveitada máis é triturada para a súa posterior incineración e aproveitamento enerxético. Sogama consome máis electricidade da que produce. As cinzas son enterradas no vertedoiro de Areosa de 330.000 m2.

En outubro de 2008, Sogama foi acusada da morte de tres milleiros de troitas do río Lengüelle. En xaneiro de 2009, o Seprona e Augas de Galicia confirmaron a vertedura contaminante procedente do vertedoiro de Areosa"Confirmado que Sogama provocó la muerte de truchas en el Lengüelle" , El Correo Gallego ..

En 2009, preto de 30 persoas foron imputadas polo xulgado número 1 da Coruña polas verteduras ao Lengüelle entre as cales está o exdirector técnico de Sogama e o xefe de Danigal (empresa encargada da reciclaxe dos medicamentos recollidos no programa Sigre que remataban no vertedoiro de Areosa sen tratamento algún)"El juez imputa a un cargo y a un exdirectivo de Sogama por tráfico de influencias", Faro de Vigo ..

A finais do 2011, a Xunta anunciou a "Sogama do sur", un proxecto para construír outra incineradora no sur de Galiza. O lugar elixido foi O Irixo, O Carballiño"El Gobierno estudia emplazamientos en otras provincias para la Sogama del sur", El País ..

En abril de 2012, ADEGA denunciou que Sogama viña falsificando as analíticas dende 2003 ata 2008. O río Lengüelle é afluente do río Tambre, que fornece de auga a Santiago de Compostela"En SOGAMA falsificáronse analíticas e informes para ocultar a contaminación do vertedoiro da Areosa" , Galicia Confidencial..

Por tonelada de lixo enviada a Sogama para o seu tratamento os concellos deben pagar case 60 eurosUn centenar de concellos deben 21 millones a Sogama por gestionar sus residuos. La Voz de Galicia . En outubro de 2013 Sogama anunciou o incremento do 34% nos custos de tratamento do lixo polo que os concellos deberán pagar 82,1 euros por toneladaQueres pagar menos pola factura do lixo? Produce menos lixo!.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web de Sogama Rexistro Estatal de Emisións e Fontes Contaminantes .

Categoría:Empresas de Galicia Categoría:Cerceda Categoría:Reciclaxe Categoría:Contaminación