O Clan Campbell (en ) é un clan escocés das Highlands. Historicamente un dos maiores, máis poderosos e exitosos clans das Terras Altas, as súas terras estaban en Argyll e o xefe do clan converteuse en Conde e despois Duque de Argyll.

Historia Orixe O máis antigo testemuño dun Campbell é Gilleasbaig de Menstrie (floruit 1260s), pai de Cailean Mór, de quen se pensa que os xefes do clan tomaron o seu título MacCailean Mór. O epíteto kambel é tomado nesa época. Reconstrucións imaxinarias derivárono do castelán Campo Bello, pero a orixe máis probable é caimbeul, do irlandés ou gaélico escocés, que significa boca torta, para referirse a un home cuxa boca está inclinada cara a un lado.Oxford Companion to Scottish History, p.64 – 66. Edited by Michael Lynch, Oxford University Press. ISBN 978-0-19-923482-0.

En canto ós devanceiros do Clan Campbell, hai boas evidencia de que teñen parentesco cos Mac Duibne, ou quizais cos Uí Duibne, e de que están relacionados coa figura mitolóxica gaélica de Diarmuid Ua Duibhne. Tamén se suxeriu que as propiedades iniciais da familia, arredor de Menstrie e Cowal, estaban relacionadas coa partición do Condado de Menteith en 1213, e que Gilleasbuig ben puido ser parente de Muireadhach I, conde de Menteith. As terras que rodean o Lago Awe, que máis tarde formarían o núcleo das súas posesións, non o foron nos primeiros anos.

Guerras de Independencia de Escocia A familia de Colin Campbell pasou a converterse defensora firme do Rei Robert the Bruce e beneficiáronse dos seus éxitos con doazóns de terras, títulos e bos casamentos. Loitaron polos Bruce contra os ingleses na Batalla de Bannockburn en 1314, durante as Guerras de independencia de Escocia. Durante o século XIV, o clan Campbell ampliou as súas terras e poder. Isto debeuse á lealdade de Sir Niall Campbell (Niall mac Caile), á causa de Roberto I de Escocia (the Bruce) – unha lealdade que foi recompensada cun matrimonio coa irmá de Bruce, Mary.

A familia estaba intimamente asociada cos Bruces e Stewarts no tempo de Cailean Mór e o seu fillo Sir Niall mac Cailein. Cailean Mór morreu na batalla contra o Clan MacDougall, inimigos dos Bruce e Stewart, e Sir Niall foi un fiel aliado do Rei Robert Bruce.

Castelos miniatura|right|300px|Castelo de Inveraray, asentamento do Duque de Argyll, Xefe do Clan Campbell. Castelo de Inveraray en Argyll. É o actual asentamento do xefe do Clan Campbell. Castelo Campbell ou Castelo Gloom foi o asentamento do xefe do Clan Campbell ata 1654 cando se trasladaron ó Castelo de Inveraray. Innis de Chonnell, un dos antigos castelos dos Campbell. Castelo de Kilchurn, foi o fogar dos Campbell de Glenorchy e Breadalbane, unha póla do clan. Castelo de Edinample, foi outro asentamento dos Campbell de Glenorchy. Castelo de Finlarig, foi outro asentamento dos Campbell de Breadalbane. Castelo de Saddell, era propiedade dos Campbells dende finais do século XVII. Castelo de Torosay, construído por John Campbell de Possil en 1858. Castelo de Taymouth, construído polos Campbells de Breadalbane no século XIX. Castelo Sween, foi concedido a Colin Campbell en 1481 cando se converteu no I Conde de Argyll. Foi capturado polos MacDonalds en 1647. Castelo de Dunoon, en 1334 Colin Campbell foi gardián do Castelo de Dunoon. Castelo de Achallader, foi asentamento de Sir Duncan Campbell de Glen Orchy cando o adquiriu en 1590. Castelo de Carnasserie, que pertenceu ó Clan Campbell dende o século XVI. Castelo de Kilmartin Castelo de Ardkinglas Castelo de Auchinbrec, hoxe desmantelado. Construído polos Campbells de Kilmichael Glassary, logo renomeado como Auchinbreck.

Tartáns miniatura|dereita|O tartán "Black Watch", tamén coñecido como Government sett ou Campbell tartan.

A pesar de haber fábricas que producen tecidos baseados no tartán Campbell, o xefe do clan recoñece só catro modelos como propios:

Campbell:Which are the authentic Campbell tartans? Consultado o 11 de setembro de 2007 A Black Watch, estreada pola policía por primeira vez en 1695 para vixiar o contrabando de gando nas Highlands, tomando un papel importante nunha milicia de 1725 do Xeneral Wade (despois do acto da Unión en 1707). Todos os tartáns Campbell baséanse no tartán Black Watch. O tartán foi usado, e é de uso corrente para varias unidades militares de todo o Commonwealth. Campbell de Breadalbane: Este tartán pode ser usado polos Campbells da póla Breadalbane, ou da Glenorchy. Campbell de Cawdor: Este tartán pode ser usado polos Campbell de Cawdor. Campbell de Loudoun: Este tartán pode ser usado polos Campbell de Loudoun.

O sexto Duque de Argyll engadiu unha liña branca a este tartán para distinguirse a si mesmo como Xefe do Clan.

Pólas da familia 70px|centerDuque deArgyll 70px|centerMarqués de Breadalbane 70px|centerConde de Cawdor 70px|centerConde de Loudoun 70px|centerCampbell de Aberuchill 70px|centerCampbell de Ardchattan 70px|centerCampbell de Barcaldine 70px|centerCampbell de Cawdor 70px|centerCampbell de Clathick 70px|centerCampbell de Lawers 70px|centerCampbell de Lochaw 70px|centerCampbell de Lochdochart 70px|centerCampbell de Lochnell 70px|centerCampbell de Monzie 70px|centerCampbell de Moy 70px|centerCampbell de Ottar 70px|centerCampbell de Park 70px|centerCampbell de Possil 70px|centerCampbell de Smiddygreen 70px|centerCampbell de Craignish 70px|centerCampbell de Auchinbreck 70px|centerCampbell de Auchawillig 70px|centerCampbell de Ardentinny 70px|centerCampbell de Ardkinglas 70px|centerCampbell de Gargunnock 70px|centerCampbell de Inverneil 70px|centerLord Stratheden 70px|centerCampbell de Netherplace 70px|centerCampbell de Glenlyon 70px|centerCampbell deLix 70px|centerCampbell de Blythswood 70px|centerCampbell de Glenfalloch

Campbell de Aberuchill Campbell de Ardkinglas Campbell de Argyll Campbell de Auchinbreck Campbell de Barbreck Campbell de Barcaldine Campbell de Breadalbane e Holland Campbell de Carrick Bouy Clan Campbell de Cawdor Campbell de Craignish Campbell de Dunstaffnage Campbell de Duntroon Campbell de Gartsford Campbell de Glenorchy Campbell de Inverawe Campbell de Inverneill Campbell de Kenmore e Melfort Campbell de Lochnell Campbell de Loudoun Campbell de Lundie Campbell de Marchmont Campbell de Ormidale Campbell de Otter Carter-Campbell de Possil Campbell de Skipness Campbell de Strachurr Campbell de Succoth

Notas

Véxase tamén Outros artigos Duque de Argyll Clans escoceses

Categoría:Clans escoceses