Loewe ([lo'eβe]) é unha marca de roupa, coiro e complementos de luxo fundada en 1846 en Madrid polo artesán Enrique Loewe Roessberg orixinario de Kassel, actualmente é propiedade do grupo francés LVMH (Louis Vuitton Moët Hennessy).
Historia thumb|esquerda|Placa conmemorativa do concello de Madrid en recoñecemento á marca. miniatura|dereita| Loewe Hong Kong
Loewe naceu en 1846 nun obradoiro de marroquinería situado na rúa Lobo (posteriormente rúa Echegaray), no centro de Madrid. En 1872 o artesán alemán Enrique Loewe Roessberg chegou a Madrid e asociouse co taller, e comezou a traballar alí. En 1892 Loewe instalouse na rúa Príncipe de Madrid, acadando gran sona. En 1905 o rei Afonso XIII deulle o título de provedor da Casa Real. En 1910 abriu tenda en Barcelona.
En 1945 o deseñador Pérez de Rozas creou modelos de bolsos en boxcalf, que pronto pasaron a ser os grandes clásicos da marca. En 1959 Loewe inaugurou unha tenda na rúa Serrano de Madrid, que modificou por completo a imaxe dos establecementos de artigos de luxo. En 1963 empezou a expansión internacional de Loewe, que abriu tenda en Londres.
En 1980 entrou no accionariado da empresa o grupo Rumasa, mercando accións a herdeiros de Loewe de Barcelona, debido ás diferenzas entre a familia de Barcelona e a de Madrid, que controlaban entre ambas o 51 % da empresa. Rumasa mercou entre un 25 % ou 30 % ata acadar a maioría do accionariado por sucesivas mercas de accións. Cando Rumasa foi expropiada tiña o 66 % da empresa polo que pasou a estar controlada polo Estado Español"La familia fundadora quiere recuperar Loewe", artigo de Pilar Bonet en El País, 8 de maio de 1983 .. En 1996, coincidindo cos 150 anos da marca, foi mercada por LVMH.
O 14 de marzo de 2012 saíu unha polémica campaña da colección "Oro" con Luis Venegas como director creativo e como protagonistas presuntos mozos "modernos" fillos de coñecidos.
Tendas Loewe ten 29 tendas propias en España, dez establecementos para home e sete de muller. A nivel internacional ten 125 tendas propias e 50 puntos de venda en aeroportos e outro cento de tendas multimarcaLoewe, artigo en La historia de la publicidad ..
En 2012 pechou a súa tenda na Coruña, a única que tiña en Galiza, trasladándose a unha pequena tenda en El Corte Inglés da rúa Ramón y Cajal. A principios de 2018 pechou definitivamente."Cuatro Caminos espera recambio para los tres locales cerrados", artigo en La Voz de Galicia, 13 de febreiro de 2018.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial de Loewe
Categoría:Empresas téxtiles Categoría:Empresas de España