En heráldica, o leonado é un esmalte de cor marrón. Este esmalte non se dá na heráldica española, pero si, por exemplo, nas heráldicas francesa (onde se denomina tenné ou tanné) e británica (onde se denomina tenné).

Na heráldica británica este esmalte non se considera cor, metal nin forro, se non que se atopa nunha categoría á parte denominada «mancha» (stain), xunto con outras dúas cores: o púrpura (murrey) e o sanguíneo (sanguine). Historicamente, algúns heraldistas sinalaron que estas «manchas» eran os esmaltes indicados para agregar ós escudos brisuras denotativas de infamia, pero outros autores, ó non atoparen exemplos diso, dubidan de que algunha vez estas brisuras se levasen á práctica.

O uso e a definición deste esmalte non están libres de confusión. O xenealoxista inglés William Berry, por exemplo, escribe nun tratado de heráldica do século XIX que o leonado (tenné) é unha cor próxima ó castaño, mestura de amarelo, vermello e marrón; mentres que o heraldista A.C. Fox-Davies, a comezos do século XX, describe ó alaranxado da heráldica inglesa (orangé) como idéntico ó leonado (tenné), aínda que comenta que a heráldica alemá posee un alaranxado que parece ser independente do leonado.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Alaranxado Esmalte (heráldica)

Categoría:Esmaltes heráldicos