Vicente Goyanes Cedrón, nado en Ourense en 1865 e finado en Santiago de Compostela o 30 de xaneiro de 1954La Noche, 30-1-1954, p. 1., foi un médico, profesor e político galego.
Traxectoria Estudou medicina na Universidade de Santiago de Compostela. En 1926 foi nomeado catedrático de Histoloxía e Anatomía Patolóxica da USC. Foi director do manicomio de Conxo, do Gran Hospital e da leprosería de San Lázaro, médico da beneficencia provincial e director do laboratorio, autopsias e tratamento antirrábico do Hospital Clínico. Foi alcalde de Santiago de Compostela entre abril de 1922 e o 29 de agosto de 1923.
Obras Anatomía práctica, 1898 (en colaboración con Juan Barcia Caballero). Nocións de Técnica Histolóxica, 1925. Prácticas de laboratorio, 1931.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas
Categoría:Médicos de Ourense Categoría:Alcaldes de Santiago de Compostela Categoría:Alcaldes de Galicia durante a Restauración Categoría:Nados en Ourense Categoría:Nados en 1865 Categoría:Finados en 1954 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes