Francisco Luis López Carballo, nado en Santiago de Compostela en 1920 e finado o 5 de agosto de 1992, foi un pintor e político galego.

Traxectoria Fillo do pintor Juan Luis. Foi profesor de debuxo no Instituto Rosalía de Castro (1950), na facultade de Ciencias e na Escola de Artes e Oficios. Foi concelleiro e despois alcalde de Santiago de Compostela (1964-1974), deputado provincial e procurador en Cortes (1967-1970) como representante dos concellos da provincia da Coruña. Baixo o seu mandato, a corporación municipal promoveu a derruba do coñecido Edificio Castromil, que se materializou baixo o mandato do seu sucesor Antonio Castro, a pesar das numerosas protestas de arquitectos e da prensa da época (a excepción do xornal local, El Correo Gallego). Foi académico de número da RAGBBAA.Real Academia Gallega De Bellas Artes De Nuestra Señora del Rosario. (pdf)

Recoñecementos En 1965 foille concedida a Cruz ao Mérito Naval de terceira clase. En 1975 foille concedida a Gran Cruz de Afonso X o Sabio.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha no Congreso dos Deputados

Categoría:Alcaldes de Santiago de Compostela Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Procuradores en Cortes galegos Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1920 Categoría:Finados en 1992