Gaiteiros de Lisboa é unha banda portuguesa creada en 1991 con varios CDs editados e con actuacións en toda a Península Ibérica, desde a súa estrea en directo o 21 de marzo de 1994.
Editan o seu primeiro disco, Invasões Bárbaras, en 1995. En 1997 editaron o disco Bocas do Inferno.
No ano 2002 participaron no Festival Internacional do Mundo Celta. O disco "Sátiro" editouse en 2006. En 2007, formando parte da selección oficial da Womex, percorreron varios lugares dentro e fóra de Portugal.
En 2012, os Gaiteiros de Lisboa presentaron o seu quinto álbum Avis Rara, lanzado por d'Eurídice, división editorial da d'Orfeu Associação Cultural. Convertéronse tamén no primeiro proxecto nacional que participaba no festival Festim.
Nas actuacións e directo destacan pola súa enerxía e pola utilización dunha percusión potente e variada.
Discografía Ano Álbum Editora1995Invasões Bárbaras Farol Música1997Bocas do InfernoFarol Música2000Dança ChamasFarol Música2002MacaréuAduf Edições2006SátiroAdufmúsica/Sony2012Avis Rara D'Eurídice
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Grupos musicais de folk Categoría:Grupos musicais de Portugal Categoría:Participantes do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira Categoría:Grupos musicais do Xabarín Club