Anne-Marie Cazalis, nada en Boufarik (Alxeria) en 1920 e finada en París o 30 de xullo de 1988, foi unha escritora, actriz e xornalista francesa .

Traxectoria Anne-Marie Cazalis gañou en 1943 o premio de poesía Paul Valéry. Amiga de Juliette Gréco, virou unha figura emblemática das noites parisienses de Saint-Germain-des-Prés, onde frecuenta os escritores Boris Vian e Jean-Paul Sartre.

En 1948 participou, xunto con Jean Cau, no cenario de Ulysse ou les Mauvaises Rencontres, filmado por Alexandre Astruc.

Posteriormente dedicouse ao xornalismo. Traballando para a revista Elle viaxou polo mundo. Publicou tamén diversos ensaios e romances.

Obra Cinema 1949: Désordre de Jacques Baratier (curtametraxe) 1950: Le Château de verre de René Clément : a standardiste 1950: Le Quadrille de Jacques Rivette, con Jean-Luc Godard (curtametraxe) 1966: Le Désordre à vingt ans de Jacques Baratier (documental)

Teatro 1951: Le Diable et le Bon Dieu de Jean-Paul Sartre, dirixido por Louis Jouvet, Théâtre Antoine

Libros Planh, 10 poèmes de Anne-Marie Cazalis, avec un portrait de l'auteur par Valentine Hugo, París, Odette Lieutier, febreiro 1944 La Décennie, Fayard, 1972 (romance) La Tunisie par-ci par-là, Promotion africaine, Tunisia, 1972 Kadhafi, le Templier d'Allah, Gallimard, 1974 Le Cœur au poing, La Table ronde, 1976 (romance) Mémoires d'une Anne, Stock, 1976 1358, La Jacquerie de Paris, le destin tragique du maire Étienne Marcel, Société de production littéraire, 1977 Les Belles Années, co-écrit avec Anne-Marie Deschodt, Mercure de France, 1978 (romance)

Planh

Planh. 10 poèmes de Anne-Marie Cazalis, avec un portrait de l'auteur par Valentine Hugo é o título dunha obra poética en francés.

A obra foi publicada en París en febreiro de 1944 por Odette Lieutier. A editora tirou do prelo apenas 250 exemplares da obra en edición artesanal feita a man. Unha reedición cuadrilingue (francés, galego-portugués, español e inglés) do poemario viu a luz en 2012.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Anne-Marie Cazalis, Mémoires d'une Anne, Stock, 1976 Boris Vian, Manuel de Saint-Germain-des-Prés, 1951 Vincent Gille, Saint-Germain-des-Prés, 1945-1950, Paris-Musées, 1989 Ligazóns externas Nota sobre o autor na Bibliothèque nationale de France (BnF.fr) Anne-Marie Cazalis recita o poema La Liberté na boate Le Tabou, Paris, 1947 [vídeo].

Categoría:Escritores de Francia