Eugenio Castellotti, nado en Lodi o 10 de outubro de 1930 e finado en Módena o 14 de marzo de 1957, foi un piloto italiano de Fórmula 1.

Traxectoria Logo de asinar pola Scuderia Ferrari participou en 14 Grandes Premios do Campionato Mundial, debutando o 16 de xaneiro de 1955. Logrou unha pole position, e tres podios, e anotou un total de 19´5 puntos nos campionatos.

Tamén participou en varias carreiras fora do campionato de Fórmula Un. Castellotti gañou en marzo de 1956 as 12 Horas de Sebring en Sebring, Florida. Seguiu a este triunfo a vitoria na carreira das Mille Miglia en Brescia e o Gran Premio de autos deportivos en Ruán.Castellotti, Ace Italian Driver, Killed Testing New Racing Car, New York Times, March 15, 1957, Page 29

Nacido nunha familia acomodada do norte de Italia, adquiriu un Ferrari á idade de vinte anos e comezou nas carreiras deportivas en 1952. Castellotti era coñecido polo seu estilo e a súa roupa a medida, deseñada por Delia Scala, modista, bailarina e actriz italiana coa que mantiña unha relación sentimental, e á que axudou a promover os seus deseños.

Morte Morreu con tan só 26 anos de idade durante unha sesión de probas privadas de Ferrari no Autódromo de Módena.Eugenio Castellotti www.grandprix.com Retrieved 15 February 2007. Castellotti estaba probando un novo Ferrari para a tempada de .Memoirs of Enzo Ferrari's Lieutenant by Franco Gozzi p.58 Estrelouse nunha curva do Autódromo e o seu corpo foi lanzado a 91 m. Acababan de dicirlle que acelerara a súa velocidade para poder calcular a media nos 137 km/h. O coche deu varias voltas de campá e terminou no muro dos espectadores. Ninguén máis resultou ferido. Os médicos dixeron que Castellotti morreu instantaneamente dunha fractura de cranio.

Legado Catro anos máis tarde, outro piloto italiano, Giulio Cabianca, o mellor amigo de Castellotti, estrelouse fatalmente no mesmo Autódromo. Castellotti foi considerado como o mellor piloto italiano desde Alberto Ascari, que morreu probando un auto o 26 de maio de 1955.

Vitorias importantes: Mille Miglia 12 Hours de Sebring Sicily Gold Cup Circuíto di Senigallia Gran Premio de Portugal 1000 km de Bos Aires

Resultado completos na Fórmula Un (Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida. Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 Pos. Puntos Scuderia Lancia Lancia D50 Lancia DS50 2.5 V8 ARXRet MON2 500 BELRet 3º 12 Scuderia Ferrari Ferrari 625 Ferrari 107 2.5 L4 NED5 RU6 Ferrari 555 Ferrari 106 2.5 L4 ITA3 Scuderia Ferrari Lancia Ferrari D50 Lancia Ferrari DS50 2.5 V8 ARXRet MON4 500 BELRet FRA2 RU10 ALERet ITA8 6º 7´5 Scuderia Ferrari Lancia Ferrari 801 Lancia Ferrari DS50 2.5 V8 ARXRet MON 500 FRA RU ALE PES ITA NC 0

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Italia Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Lancia Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Ferrari Categoría:Pilotos das 24 Horas de Le Mans Categoría:Nados en 1930 Categoría:Finados en 1957 Categoría:Nados na provincia de Lodi Categoría:Pilotos de Fórmula 1 finados en competición