Francisco Jódar Alonso, nado en Lorca (Rexión de Murcia) o 9 de novembro de 1955, é un político español.

Traxectoria Licenciouse en Dereito na Universidade de Murcia e é interventor do Ministerio de Defensa en situación de excedencia.

Foi candidato polo Partido Popular de Lorca nas eleccións dos anos 1999, 2003, 2007 e 2011. En 2007 gañou as eleccións por maioría absoluta, tomando posesión do cargo o 16 de xuño, acabando así con 28 anos de hexemonía socialista no municipio de Lorca. Nas eleccións de 2011 volveu revalidar a alcaldía.

Durante o seu primeiro mandato tivo que facer fronte aos terremotos que arrasaron Lorca o 11 de maio de 2011. No seu segundo mandato ten como obxectivo a reconstrución da cidade. En 2017 dimitiu como alcalde logo de que o nomeasen conselleiro de Auga, Agricultura, Gandaría e Pesca da Rexión de Murcia. Ocupou o cargo até abril de 2018.

Vida persoal

Está casado e ten dúas fillas.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lorca Terremoto de Lorca de 2011

Categoría:Alcaldes de Lorca Categoría:Nados en Lorca Categoría:Nados en 1955 Categoría:Políticos do PP Categoría:Alumnos da Universidade de Murcia