Jesús García Siso, nado en Melilla o 15 de xuño de 1919 e finado en Oleiros o 20 de agosto de 2005, foi un político español.
Traxectoria Aos poucos meses de idade a familia trasladouse a Coruña. Iniciou os estudos de Ciencias Exactas na Universidade de Santiago de Compostela e licenciouse na Universidade de Madrid en 1942. Ingresou no corpo facultativo do Instituto Nacional de Estatística en 1944. Foi profesor de Matemáticas no Instituto e na Escola de Mestría Industrial de Lugo. Foi deputado provincial de Lugo (1958-1961). Foi nomeado alcalde do concello de Lugo en 1962, tomando posesión o 16 de xaneiro,La Noche, 16-1-1962, p. 1. e permaneceu no cargo até 1965. Foi procurador en Cortes en representación dos concellos da provincia de Lugo. Despois foi delegado de servizos do Concello de Madrid ata que en agosto de 1973 foi nomeado gobernador civil de Santander. Ocupou o cargo até xaneiro de 1974. En abril de 1976 foi nomeado gobernador civil de Madrid. Foi Director Xeral de Tráfico en 1976,El País, 16-9-1976. cesando en 1978.
Finou en Oleiros, onde pasaba as vacacións, en agosto de 2005.Necrolóxica en ABC, 22-09-2005, p. 70.
Notas
Véxase tamén Bibliografía )
Categoría:Profesores de educación secundaria
Categoría:Deputados provinciais de Lugo
Categoría:Alcaldes de Lugo
Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Procuradores en Cortes galegos Categoría:Gobernadores civís de Cantabria Categoría:Gobernadores civís de Madrid Categoría:Nados en Melilla
Categoría:Nados en 1919 Categoría:Finados en 2005