Ramiro Rueda Fernández, nado en Santiago de Compostela en 1914 e finado en Lugo o 25 de setembro de 1999,El Progreso, 26-9-1999, p. 8. foi un farmacéutico e político galego.

Traxectoria Neto de Ramiro Rueda-Neira Montenegro. Na guerra civil foi farmacéutico militar e traballou no Laboratorio de Farmacia Militar de Santiago de Compostela. Foi Alcalde do concello de Lugo entre 1958 e 1961. Na súa etapa na alcaldía fíxose a reforma da Praza de Santa María. Foi procurador en Cortes en representación dos concellos da provincia de Lugo (1958-1962). Foi presidente do colexio de Farmacéuticos de Lugo e promotor e presidente do Real Aero Club de Lugo. Creou Laboratorios Labifarm nos anos cincuenta que en 1979 se converteu en Lácteas Rueda e comercializou o iogur Rueda.

Vida persoal

Casou con Celia Rùa Lorenzo e foi pai de Ramiro, Mercedes, María Celia e Roberto Rueda Rúa.

Recoñecementos

Unha rúa de Lugo leva o seu nome. Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Ficha como Procurador en Cortes

Categoría:Farmacéuticos de Santiago de Compostela Categoría:Alcaldes de Lugo Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Procuradores en Cortes galegos Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1914 Categoría:Finados en 1999 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes