Throbbing Gristle foi unha banda inglesa de música industrial de vangarda e un grupo de arte visual que evolucionou dende o grupo de performance COUM Transmissions. A banda estivo formada por Genesis P-Orridge (baixo, violín, voces, vibráfono), Cosey Fanni Tutti (guitarra, corneta, voces), Peter "Sleazy" Christopherson (cintas, trompa, piano, vibráfono, sintetizador) e Chris Carter (sintetizador, cintas, electrónica).

Fundada en 1975, a banda é considerada unha das creadoras, xunto coa súa contemporánea Cabaret Voltaire, da música industrial. Throbbing Gristle separouse no ano 1981, pero os seus membros pasaron a participar en numerosos proxectos distintos. Reformaríase en 2004 e volvería a desfacerse en 2010 tras a morte de Peter Christopherson.

Discografía Álbums Álbum Ano Selo The Second Annual Report 1977 Industrial Records D.o.A: The Third and Final Report of Throbbing Gristle 1978 Industrial Records 20 Jazz Funk Greats 1979 Industrial Records Journey Through a Body 1982 Walter Ulbricht Schallfolien In the Shadow of the Sun 1984 Illuminated Records CD1 1986 Mute Records TG Now 2004 Mute Records Part Two: The Endless Not 2007 Mute Records The Third Mind Movements 2009 Industrial Records

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial da banda

Categoría:Grupos musicais do condado de Yorkshire Oriental Categoría:Grupos musicais de música electrónica Categoría:Grupos musicais de música experimental Categoría:Grupos musicais de noise rock Categoría:Grupos musicais formados en 1975