miniatura|dereita|Patrick Rothfuss en febreiro de 2014.
Patrick James Rothfuss, nado en Madison (Wisconsin) o 6 de xuño de 1973, é un escritor estadounidense de fantasía e profesor adxunto de literatura e filoloxía inglesa na Universidade de Wisconsin. É o autor da triloxía The Kingkiller Chronicle.
Traxectoria Matriculuse na Universidade de Wisconsin-Stevens Point onde inicialmente pretendía estudar enxeñaría química, pero cambiou de opinión para estudar psicoloxía clínica, adicándose durante tres anos a estudar calquera materia que atraía o seu interese . Durante esta época comezou traballar nunha novela de fantasía extremadamente longa chamada The Song of Flame and Thunder. Tamén comnzou a escribir unha columna sobre a vida universitaria en de The Pointer, o periódico do campus. Graduouse en inglés no ano 1999. Tras completar The Song of Flame and Thunder, Rothfuss envía o traballo a varias editoriais, pero é rexeitada. No 2002 gaña o premio Writers of the Future con The Road to Levinshir, un extracto da súa novela. A continuación Rothfuss véndea a DAW Books . The Song of Flame and Thunder divídese nunha serie de tres tomos á que se lle da o título de The Kingkiller Chronicle (Crónica do asasino de reis), publicándose o primeiro tomo, The Name of the Wind (O nome do vento), en abril de 2007. A novela gaña ese ano o Quill Award á mellor novela de fantasía/ciencia ficción, aparece na lista de best-séllers do The New York Times e Amazon selecciónao entre as súas dez «xoias ocultas» do 2007. The Wise Man's Fear (O temor dun home sabio), a continuación de The Name of the Wind, publícase en marzo do 2011 no mundo anglosaxón. Debutou a primeira semana do seu lanzamento no número 1 de The New York Times e no número 2 de The Times, e foi a recomendación do mes en Amazon. Actualmente, Rothfuss está a traballar na revisión da terceira entrega, provisionalmente titulada The Doors of Stone (As portas de pedra).
Notas
Véxase tamén Bibliografía The Kingkiller Chronicle (Crónica do asasino de reis) The Name of the Wind (O nome do vento) (abril de 2007) The Wise Man's Fear (O temor dun home sabio) (marzo de 2011) The Doors of Stone (As portas de pedra, título non definitivo) Outras obras The Road to Levinshir ("O camiño a Levinshir", extracto dun capítulo de The Wise Man's Fear, xullo 2008) The Adventures of the Princess and Mr. Whiffle ("As aventuras da princesa e o señor Fu", xullo 2010) Your Annotated, Illustrated College Survival Guide ("A túa guía de supervivencia universitaria anotada e ilustrada", recolle as columnas que escribiu no periódico do campus, 2005).
Categoría:Escritores dos Estados Unidos de América Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Nados en 1973 Categoría:Nados en Madison, Wisconsin