miniatura|250px|Pedra rúnica de LingsbergU 240. As estelas rúnicas son pedras con inscricións rúnicas. Xeralmente aplícase o termo a rochas erixidas como monumentos, pero tamén é válido para inscricións en pedras máis cativas e alicerces. A tradición comezou no século IV, pero a maioría datan da Era viquinga, e continuouse ata o século XII. Localízanse principalmente en Escandinavia e son particularmente numerosas en Suecia, onde se atoparon máis de 3.430 pedras rúnicas, aínda que hai en tódolos lugares onde se asentaron os viquingos. A suma total no mundo ascende a unhas 6.000. As pedras rúnicas xeralmente eran monumentos conmemorativos da morte dalgún home e orixinalmente moitas estaban decoradas con cores rechamantes.
Historia A tradición de erixir pedras con inscricións rúnicas aparece por primeira vez entre o século IV e o século V en Noruega e Suecia, estas primeiras pedras rúnicas están habitualmente situadas xunto a tumbas.Artículo runsten en Nationalencyklopedin (1995), tomo 16, p. 91-92.Zilmer 2005:38 As pedras rúnicas máis antigas en Dinamarca apareceron entre o século VI e o século VII, e hai unhas 50 en Escandinavia do período das invasións. A meirande parte das pedras rúnicas fixéronse no período entre o 950-1100 e a maioría erixíronse en Suecia e Dinamarca, e unhas poucas en Noruega e as Illas Británicas. esquerda|miniatura|150px|Pedra de Snoldelev unha das pedras rúnicas máis antigas en Dinamarca. Esta tradición menciónase na saga dos Ynglings e o poema Hávamál:
miniatura|250px|A Pedra grande de Jelling que provocou o estilo principal das pedras rúnicas. Un fillo é mellor, Aínda que tarde naceu, E o seu pai cumpriu coa morte; Pedras na memoria Rara vez se erguen xunto ó camiño Gardan as honras rendidas polos seus familiares. —Hávamálbellowshovamol Bellows 1936:44
A maioría das pedras rúnicas teñen un estilo que se orixinou nos anos arredor de 960 en Dinamarca. O rei Harald Dente azul acabara de ser bautizado e ordenou construír, para marcar a chegada da nova era e da nova orde, as pedras de Jelling.Harrison & Svensson 2007:192 A inscrición da pedra grande di: O rei Harald ordenou construír este monumento en memoria de Gorm, o seu pai, e na memoria de Þyrvé, a súa nai; e que Harald gañou para si toda Dinamarca e Noruega e fixo cristiáns ós dinamarqueses.Entrada DR 42 en Rundata.
Esta pedra rúnica ten tres lados dos cales dous están decorados con imaxes. Nunha cara hai un animal que será o prototipo de tódolos animais rúnicos gravados nas demais pedras, e na outra cara está a máis antiga das representacións dinamarquesas de Xesús. Esta pedra marcou a tradición rúnica de Escandinavia. Pouco despois, as inscricións dos xefes tribais dos principais clans nórdicos trataron de imitar ó rei Harald, e dende Dinamarca, o novo estilo propagouse cara ó norte chegando a Suecia, onde influiría na creación do estilo principal, o estilo Urnes. Na maioría dos distritos, a moda declinaría tras unha xeración, pero nas provincias centrais suecas de Uppland e Södermanland o estilo durou ata o século XII.
miniatura|Pedra da Igrexa de Resmo en Öland repintada. Actualmente no Museo histórico de Estocolmo.
Notas
Categoría:Arqueoloxía Categoría:Historia de Suecia Categoría:Historia de Noruega Categoría:Historia de Dinamarca