Der Golem, wie er in die Welt kam é un filme mudo alemán dirixido por Paul Wegener e Carl Boese que se estreou en 1920. O guión baséase na novela de 1915 Der Golem de Gustav Meyrink.Noah William Isenberg, Weimar cinema: an essential guide to classic films of the era, p.332Douglas Kellner, Passion and rebellion: the expressionist heritage, p.384Dietrich Scheunemann, Expressionist film: new perspectives, p.273 O filme é o terceiro dos tres que Wegener fixo sobre o ser golem, sendo as outras dúas Der Golem (1915) e a comedia curta Der Golem und die Tänzerin (1917). Este filme é o máis famoso dos tres de Wegener porque é o único que non se perdeu e chegou ata a actualidade.

Sinopse No século XVI, no gueto de Praga, vivía o Rabino Löw, mago e mestre na arte da nigromancia. Para evitar a expulsión dos xudeus, ordenada polo Emperador Rodolfo II, modelou a figura de arxila do Golem e invocou ó espírito de Astaharot para que lle outorgase a vida. Porén, cando os xudeus conseguen quedar na cidade, e o Golem salva a vida do Emperador, o rabino trata de invalidar o seu conxuro e quitarlle a vida porque xa realizou o seu cometido. Pero cando un servente, cegado de amor, devólvelle a vida, a figura de arxila escapa da influencia humana e convértese nunha ameaza.

Personaxes Albert Steinrück como Rabbi Loew Paul Wegener como Golem Lyda Salmonova como Miriam Ernst Deutsch como Famulus Lothar Müthel como o Cabaleiro Florian Otto Gebühr como Emperador Luhois Hans Stürm como Rabbi Jehuda Max Kronert como gardián das portas Greta Schröder como Dama da corte Loni Nest como Nena pequena

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en RottenTomatoes

Categoría:Filmes de 1920 Categoría:Cinema mudo Categoría:Filmes de Alemaña Categoría:Filmes do golem Categoría:Filmes de monstros Categoría:Filmes ambientados no século XVI Categoría:Filmes ambientados en Praga