miniatura|Toxotes cazando un insecto Os toxótidos ( Toxotidae, Cuvier 1816) ou peixes arqueiros, son unha familia de peixes mariños, de augas salobres e de augas doces, propios do sueste asiático e Australia, pertencente á orde dos Perciformes, suborde Percoideos.

Morfoloxía Son de corpo alto e comprimido, coa boca terminal, grande e protráctil, e a mandíbula inferior prominente. A aleta dorsal, única, presenta 4-6 fortes espiñas seguidas de 11-14 radios brandos. A aleta anal ten 3 espiñas e 15-18 radios brandos (a parte branda da aleta anal é maior que a da aleta dorsal). As pelvianas nacen por detrás das pectorais e cerca do nacemento da anal. Caudal algo fendida ou truncada.

Adoitan ter tamaños pequenos, de entre 5 e 10 cm, pero algunhas especies (T. chatareus) poden alcanzar os 40 centímetros.miniatura|Toxotes jaculatrix|centro Hábitat e bioloxía Os toxótidos distribúense por augas da India, Filipinas, Australia e Polinesia, en augas salgadas de mar aberto, salobres e doces, especialmente nos estuarios e mangleirais.

O trazo máis característicos deste grupo, e ó que lle deben o nome común, é a forma de alimentarse, disparando chorros de auga que cospen coa súa boca especializada (posúe unha angosta rañura no teito da boca) contra os insectos que sobrevoan a tona da auga. Os seus disparos son moi efectivos e poden alcanzar presas pousadas a 3 metros da superficie.

Taxonomía A familia só contén un xénero, con sete especies: Toxotes blythii, Boulenger 1892 Toxotes chatareus, Hamilton 1822) Toxotes jaculatrix, Pallas, 1767) Toxotes kimberleyensis, Allen 2004 Toxotes lorentzi, Weber 1910 Toxotes microlepis, Günther 1860 Toxotes oligolepis, Bleeker 1876

Véxase tamén Ligazóns externas

Ficha en FishBase Ficha en World Register of Marine Species

Categoría:Percoideos