Os aplodactílidos ( Aplodactylidae ) son unha familia de peixes mariños incluída na orde Perciformes, da superfamilia Cirrhitoidea. Reciben o nome do grego haploos, simple, e daktylos, dedos.

Morfoloxía Na aleta dorsal, única, presentan de 14 a 23 raios espiñosos e 16 a 21 raios brandos; na anal, 3 espiñas e 6 a 8 raios brandos. Posúen dentes mandibulares diferenciados: incisivos, lanceolados e tricúspides, e tamén dentes no vómer.

Hábitat e bioloxía Distribúense polas costas do Perú, Chile, Nova Zelandia e sueste de Australia.

Taxonomía Tradicionalmente dividíanse en 2 xéneros, Aplodactylus e Crinodus, pero o segundo foi englobado no primeiro. Comprenden seis especies: Aplodactylus arctidens, Richardson 1839 Aplodactylus etheridgii, Ogilby 1889 Aplodactylus guttatus, Guichenot 1848 Aplodactylus lophodon, Günther 1859 (antes Crinodus lophodon) Aplodactylus punctatus, Valenciennes 1832 Aplodactylus westralis, Russell 1987

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en FishBase Ficha en Wolrd Register of Marine Species

Categoría:Percoideos