O motor foguete Kestrel (lagarteiro en inglés) é un motor alimentado por osíxeno líquido e queroseno desenvolvido por SpaceX para uso na segunda etapa do foguete Falcon 1. É un motor de alta eficiencia e baixa presión deseñado para funcionar no baleiro. Non usa turbobomba e o propelente alimenta o motor mediante a presión do propio tanque de propelente. O motor refrixérase ablativamente a nivel da cámara de combustión e radiativamente na tobeira, fabricada nunha aliaxe de niobio. O control do vector de impulso en guinada e cabeceo conséguese mediante actuadores electromecánicos na cúpula do motor. O control de balanceo e o control de actitude durante as fases de voo por inercia conséguese mediante propulsores de helio. O motor ten encendedores redundantes para mellorar a fiablidade da ignición no baleiro, capaces de varios reencendidos.

Notas

Véxase tamén

Categoría:Motores foguete