Arnold Joseph Toynbee, nado en Londres, Reino Unido, o 14 de abril de 1889 e finado o 22 de outubro de 1975, foi un historiador e profesor británico que intentou sintetizar a historia universal. Traxectoria Sobriño do historiador da economía, Arnold Toynbee, con quen o confunden a miúdo, Arnold J. Toynbee naceu en Londres, estudou na Universidade de Oxford. En 1912 empezou o seu traballo de profesor no mesmo centro, onde pasou ao King's College (ensinando grego moderno e historia do imperio bizantino) e a London School of Economics, os dous na Universidade de Londres. Durante a primeira guerra mundial e tamén durante a segunda guerra mundial traballou para os servizos de intelixencia do Foreign Office británico e, ao final da guerra, asistiu como delegado á Conferencia de Paz de París de 1919.
A súa irmá, Jocelyn Toynbee (1897-1985) foi tamén unha recoñecida historiadora, arqueóloga e numismática."Toynbee, J. M. C. ". Dictionary of Art Historians.
Obra A súa obra principal “Un estudo da historia” (título orixinal: A Study of History), en doce volumes aparecidos entre 1934 e 1961, é unha análise da historia mundial e as civilizacións nas que Toynbee aprecia uns ciclos de auxe e decadencia, aínda que sen o determinismo apuntado por Oswald Spengler.
As súas teorías han ter moito eco e influencia, algúns críticos, porén, cren que Toynbee dá demasiada influencia á relixión na evolución das civilizacións.
Notas
Categoría:Historiadores do Reino Unido Categoría:Nados en 1889 Categoría:Finados en 1975 Categoría:Alumnos da Universidade de Oxford Categoría:Profesores da Universidade de Oxford