OICETS (acrónimo de Optical Inter-orbit Communications Engineering Test Satellite), rebautizado tras o lanzamento como Kirari, foi un satélite artificial xaponés lanzado o 23 de agosto de 2005 mediante un foguete Dnepr desde o Cosmódromo de Baikonur.
Características OICETS foi un satélite de comunicacións experimental lanzado para probar a comunicación óptica, mediante láser, entre satélites en órbita, separados miles de quilómetros entre eles. Para iso levaba a bordo o instrumento LUCE (Laser-Utilizing Communications Equipment), consistente nun pequeno telescopio duns 25 cm de diámetro, que funcionaba como transmisor e receptor para establecer contaco co satélite de comunicacións experimental europeo Artemis, a máis de 30.000 km de distancia. OICETS estudou o efecto das vibracións sobre o apuntado do láser, que tiña que ter unha precisión de milésimas de grao.
OICETS foi deixado de usar o 24 de setembro de 2009, moito despois do ano inicialmente previsto de vida para o satélite.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Artemis (satélite)
Categoría:Satélites artificiais