Kyle Edward Singler, nado en Medford, Oregón, o 4 de maio de 1988, é un xogador estadounidense de baloncesto profesional.

Traxectoria profesional Singler foi elixido na 33ª posición do Draft da NBA de 2011 polos Detroit Pistons. En agosto de 2011, asinou polo CB Lucentum Alicante ata o remate do lockout da NBA de 2011.

No seu debut na Liga ACB, gañou o premio ó mellor xogador da primeira xornada con 23 puntos, 4 rebotes e 3 asistencias. En dez partidos co Lucentum Alicante, Singler axudou a gañar 7 partidos, acadando 14.4 puntos, 3.4 rebotes e 1.1 roubos por encontro, liderando ó equipo en anotación.

Tras o remate do lockout, Singler escolleu a súa opción de deixar o club, e elixiu fichar polo Real Madrid tras un acordo entre os dous equipos. Singler axudou ó Real Madrid a gañar a Copa do Rei na tempada 2011-12, tras vencer ó FC Barcelona.

O 11 de xullo de 2012, Singler asinou un contrato de varios anos cos Detroit Pistons.Detroit Pistons Sign Forward Kyle Singler Ó remate da tempada 2012-13, foi incluído no segundo mellor equipo de rookies da NBA tras facer 8.8 puntos e 4.0 rebotes por encontro en 82 partidos.

O 19 de febreiro de 2015, Singler foi traspasado ós Oklahoma City Thunder nun traspaso entre os Pistons, os Thunder e os Utah Jazz.

O 30 de setembro de 2018, anunciouse a súa fichaxe por unha tempada co Obradoiro CAB da Liga ACB.

O 27 de xullo de 2019, Singler asinou un contrato por unha tempada co Iberostar Tenerife da Liga ACB.El Iberostar Tenerife ficha a Kyle Singler O 17 de outubro de 2019, Singler e o Canarias acordaron a rescisión do contrato despois da decisión do xogador de deixar o baloncesto en activo por motivos persoais.El CB Canarias y Kyle Singler acuerdan su desvinculación

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en ACB.com Perfil en NBA.com

Categoría:Nados en 1988 Categoría:Nados no condado de Jackson, Oregón Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB Categoría:Alas de baloncesto Categoría:Escoltas de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Detroit Pistons Categoría:Xogadores do CB Lucentum Alicante Categoría:Xogadores do Real Madrid Baloncesto Categoría:Xogadores dos Detroit Pistons Categoría:Xogadores dos Oklahoma City Thunder Categoría:Xogadores do Obradoiro CAB Categoría:Xogadores do CB Canarias