Baixo o nome de Luna E-6LF, Luna E6LF ou Luna Ye-6LF pola súa transliteración da lingua rusa, atópase un modelo sondas espaciais soviéticas composto por dous membros e cuxa misión era entrar en órbita lunar e fotografar a superficie.
Características As sondas Luna E-6LF foron sondas deseñadas para orbitar a Lúa e fotografar a superficie co fin de buscar posibles sitios de aterraxe para os hipotéticos futuros voos tripulados. Houbo dúas sondas E-6LF, a Luna 11 e a Luna 12, ambas exitosas. Entre os obxectivos das sondas estaba estudar as emisións de raios X e raios gamma da Lúa para determinar a composición da superficie, estudar as anomalías gravitatorias e a concentración de meteoritos nas proximidades da Lúa e determinar a intensidade da radiación nas súas proximidades.
Historial de lanzamentos
Voo Data Carga Resultado Notas 1 24 de agosto de 1966 Luna 11 Éxito 2 22 de outubro de 1966 Luna 12 Éxito
Notas
Véxase tamén Outros artigos
Luna E-1 Luna E-1A Luna E-3 Luna E-6 Luna E-6LS Luna E-6M Luna E-6S Luna Ye-8 Luna Ye-8-5 Luna Ye-8-5M Luna Ye-8-LS
Categoría:Programa Luna