A Ponte é unha aldea da parroquia de San Xoán de Lóuzara, no concello de Samos, provincia de Lugo. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2024 estaba deshabitado, o que supón unha diminución con respecto a 2012, cando tiña 2 habitantes.
Localización Está situada á beira do río Lóuzara (afluente do río Lor), entre 650 e 700 m de altitude.
Historia O día 17 de cada mes celebrábase neste lugar a única feira do Val de Lóuzara, que desapareceu polos anos 1970. Unha das máis concorridas era a do 17 de xaneiro, pois viñan os chamados "de abaixo", expresión para referirse ós do concello de Quiroga, a comprar parellas de bois para arar as viñas. En case tódalas casas había tendas. Tamén había un muíño e unha escola. No ano 2008 o 17 de agosto, onde era a antiga feira, organizouse a primeira edición dunha feira de artesanía e produtos naturais da zona. No ano 2013 foi a 6ª edición.
Galería de imaxes
Notas
Lugares e parroquias Lugares de San Xoán de Lóuzara
Parroquias de Samos
Categoría:Lugares de Samos Categoría:Despoboados da provincia de Lugo