Über die Fechtkunst und den RingkampfKERN, Anton: Die Handschriften der Universitätsbibliothek Graz: Band 2. Wien: Druck und Verlag der Österreichischen Staatsdruckerei, 1956 é un manuscrito de artes marciais ou de esgrima tradicional, seguindo as técnicas de Johannes Liecthtenauer, realizado por Hans Czynner en Passau en 1538 Handschriftencensus que se conserva na biblioteca da Universidade de Graz coa signatura ou código de catalogación Ms.963. O manuscrito, que non foi acabado, amosa dúas partes ben diferenciadas, a primeira contén 96 ilustracións con instrucións para a loita de espada e daga con armadura, nesta primeira parte inclúese unha sección de corpo a corpo con só texto pero con espazo para debuxos que nunca se realizaron. A segunda parte pola contra só inclúe texto e non é texto orixinal senón copias de tratados atribuídos a Jud Lew, Martin Huntfeltz, Andre Liegniczer que tratan sobre a esgrima de a cabalo, a esgrima con armadura e a loita corpo a corpo con armadura. E moitas páxinas en branco rematando cun sumario da autoría de Hans Czynner.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Vídeo onde se recrean algunhas das técnicas do manuscrito
Categoría:Manuscritos Categoría:Obras de esgrima