Maximiliano Linares Rivas, nado en Santiago de Compostela e finado na Coruña o 3 de marzo de 1932El Compostelano, 3-3-1932, p. 2, foi un avogado e político galego.
Traxectoria Fillo de José Jacobo Linares de la Peña e irmán de Aureliano Linares Rivas. Comezou os seus estudos no Seminario, chegando ata o primeiro ano de Filosofía. Saíu do Seminario e fixo a carreira de Dereito na Universidade de Santiago de Compostela, que rematou con 22 anos. Instalouse en Ferrol e despois pasou á Coruña. Foi avogado do Banco de España e da Compañía do Norte. Afiliado ao Partido Conservador, en xullo de 1890 foi designado Gobernador civil da Coruña, permanecendo no cargo até novembro de 1892. Nas eleccións de 1891 foi elixido deputado polo distrito da Fonsagrada. Foi senador pola provincia da Coruña en 1893 e 1894. Nas eleccións de 1896 foi elixido deputado polo distrito de Betanzos. Volveu ser elixido senador pola Coruña en 1899 e 1900. Dirixiu o Partido Conservador na provincia da Coruña.
Vida persoal Casou con Fanny Amil-España Camino e foi avó de Maximiliano Asúnsolo Linares-Rivas.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha no Congreso do Deputados Ficha no Senado Xenealoxía Linares-Rivas
Categoría:Gobernadores civís da Coruña Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados Categoría:Senadores de Galicia Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Finados en 1932 Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Avogados de Santiago de Compostela