Narciso Goy Arias foi un tipógrafo e xornalista galego.

Traxectoria Foi presidente da Juventud Socialista de Vigo (1904).El Regional, 13-1-1904, p. 2. Representou ás Agrupacións Socialistas de Marín e Vigo no VIII Congreso do PSOE en 1908. Foi redactor de Solidaridad e El Pueblo, desde onde publicitou as edicións de La Escuela Moderna.

Durante a ditadura de Primo de Rivera foi nomeado concelleiro de Vigo en 1927El Pueblo Gallego, 18-1-1927, p. 2. e elixido tenente de alcalde.

Notas

Categoría:Políticos do PSOE Categoría:Xornalistas de Galicia Categoría:Concelleiros de Vigo

Categoría:Concelleiros de Galicia durante a Restauración