Robin James Olof Stjernberg, nado en Hässleholm o 22 de febreiro de 1991, máis coñecido como Robin Stjernberg, é un cantante sueco. Representou a Suecia no Festival de Eurovisión 2013 o 18 de maio de 2013 en Malmö, Suecia, coa canción "You". Stjernberg comezou a súa carreira musical na boyband What's Up! e en solitario no talent-show Idol no 2011, quedando segundo.

Dende o inicio da súa carreira, Stjernberg publicou dous álbums de estudio en solitario: My Versions (2012) e Pieces; un álbum de estudio xunto á banda What's Up! chamado In Pose (2007); e un EP chamado For the Better (2013). Traxectoria 2006-11: What's Up! Stjernberg gañou o Sommarchansen en Malmö en 2006. En 2007 formou parte nun evento no Globe Theater onde 15 finalistas formarían parte dunha boyband. El foi un dous catro escollidos para formar a banda, chamada What's Up!. Os outros finalistas que formaron parte da banda foron Eric Saade, Ludwig "Ludde" Keijser e Johan Yngvesson. Cando Eric Saade deixou a banda, este foi substituído por Johannes Magnusson. A banda lanzou o álbum In Pose, conseguindo un posto 40 na Swedish Albums Chart. Dous dos sinxelos estiveron na Sverigetopplistan, a lista musical de sinxelos oficial de Suecia, chamados "Go Girl!" conseguindo un 5º posto e "If I Told You Once" conseguindo un 16º posto. Stjernberg foi o segundo membro de What's Up! que representou a Suecia no Festival de Eurovisión após que Eric Saade representara a Suecia no Festival de Eurovisión 2011 na Alemaña.

2011-13: Idol e My Versions Stjernberg formou parte na tempada de 2011 da versión sueca do talent-show Idol, logrando quedar no segundo posto do talent-show.

Actuacións Audición: Who You Are de Jessie J 26 de setembro de 2011 (Cuartos de final): Breakeven de The Script 30 de setembro de 2011 (Semi-final): Animal de Neon Trees 7 de outubro de 2011 (Top 11): California King Bed de Rihanna 14 de outubro de 2011 (Top 10): Alla Vill Till Himmelen Men Ingen Vill Dö de Timbuktu 21 de outubro de 2011 (Top 9): Halo de Beyoncé 28 de outubro de 2011 (Top 8): When a Man Loves a Woman de Percy Sledge 4 de novembro de 2011 (Top 7): Who You Are de Jessie J 11 de novembro de 2011 (Top 6): Reach Out, I'll Be There de The Four Tops 18 de novembro de 2011 (Top 5): Bohemian Rhapsody de Queen e Pride (In the Name of Love) de U2 25 de novembro de 2011 (Top 4): Let Me Entertain You de Robbie Williams e You Raise Me Up de Josh Groban 2 de decembro de 2011 (Top 3): Dedication to My Ex (Miss That) de Lloyd e Love Is Gone de David Guetta e Chris Willis 9 de decembro de 2011 (Final): In My Head de Jason Derulo, Halo de Beyoncé e All This Way, canción da final de Idol.

Quedou segundo conseguindo o 48% dos votos, gañando así Amanda Fondell cun 52%.

Despois de Idol, lanzou o seu primeiro sinxelo "All This Way" o 2 de decembro de 2011. A canción, tamén cantada pola gañadora Amanda Fondell nunha versión diferente, foi escrita e producida polo concursante da tempada de 2004 de Idol Darin Zanyar entre outros. Stjernberg firma co selo Lionheart Music Group no 2011.

Lanzou a súa propia compilación das súas actuacións no Idol My Versions o 4 de xaneiro do 2012. O primeiro sinxelo oficial do álbum foi a súa versión da canción de Beyoncé, "Halo".

2013: Melodifestivalen e Festival de Eurovisión 280px|miniatura|Robin Stjernberg no 2013

Stjernberg formou parte no Melodifestivalen 2013 coa canción "You". El actuou na cuarta semi-final o día 23 de febreiro do 2013 no Malmö Arena en Malmö. E gaña a final o día 9 de marzo do 2013, conseguindo así, representar a Suecia no Festival de Eurovisión 2013, conseguindo neste un 14º posto con 62 puntos.

En abril de 2013, Stjernberg sacaba o EP For the Better de forma dixital, que contía cancións como: "You", "Beautiful" ou "Rule the World".

2013-actualidade: For the Better e Pieces Robin lanzou o seu primeiro álbum non-cover "Pieces" o 26 de xuño do 2013, no que incluía a canción You e os seus outros sinxelos; Scars e Crime.

En novembro de 2013, o grupo alemá Cascada, que representou a Alemaña no Festival de Eurovisión 2013, públicou unha versión a dúo entre a vocalista do grupo e Robin Stjernberg da canción "You" que posteriormente entraría no álbum do grupo alemá Acoustic Sessions.

O 11 de xuño de 2014 Robin lanza un novo sinxelo chamado Body Language. O sinxelo conseguiu o número 1 do Swedish iTunes chart.

Discografía Álbums Título Detalles do álbum Posición nas listas Certificación SUE My Versions Data de lanzamento: 4 de xaneiro de 2012 Selo: Lionheart Music Group Formato: CD, Dixital 1 Pieces Data de lanzamento: 26 de xuño de 2013 Selo: Lionheart Music Group Formato: CD, Dixital 2 Ouro

EPs Título Detalles do EP For the Better Data de lanzamento: 24 de abril de 2013 Selo: Lionheart Music Group Formato: Dixital

Sinxelos Ano Sinxelo Posición nas listas Álbum SUE AUS IRL NED UK 2011 "All This Way" — — — — — My Versions 2012 "Halo" — — — — — "On My Mind"" — — — — — Pieces "Scars" — — — — — 2013 "You" 1 61 31 42 72 "Crime" — — — — — "Pieces" — — — — — 2014 "Thunderbolt" (feat. Ktree & Flo Rida) — — — — — Non-álbum "Body Language" 1 — — — —2015 "Let Me Dance With You" — — — — — "Locked Into You" — — — — — "—" denota que non conseguiu entrar nas listas.

Galería

Notas

Véxase tamén Outros artigos What's Up! Festival de Eurovisión 2013 Suecia no Festival de Eurovisión

Categoría:Cantantes de Suecia Categoría:Representantes de Suecia en Eurovisión Categoría:Nados no condado de Escania Categoría:Nados en 1991