miniatura|Porto visto desde o aire antes da explosión A explosión no porto de Tainjin aconteceu o 12 de agosto de 2015 nunha estación de almacenamento de colectores localizada no porto da cidade de Tianjin, dentro do distrito de Binhai, na China. Os primeiros informes sinalaron que o causante foi un accidente industrial. Os medios de comunicación estatais chineses dixeron que cando menos a explosión inicial foi en colectores localizados nun almacén da Ruihai Logistics, firma especializada en manexar materiais perigosos.

Explosión miniatura|Mapa da zona do porto Sentíronse dous estoupidos con trinta segundos de intervalo, os primeiros informes suxerían que houbera centos de feridos na explosión, que se oíra a varios quilómetros. Os estoupidos rexistraron unha magnitude de 2.3 e 2.9 na escala de magnitude de momento, con bólas de fogo de varios centos de metros de altitude. O Centro de Redes Sismolóxicas da China informou que a primeira e segunda detonación equivalían a 3 e 21 toneladas de TNT, respectivamente.

Os servizos de extinción suspendéronse ao se descoñecer a cantidade e as substancias concretas de material perigoso presentes no almacén.

Perdas

Segundo o goberno local de Tianjin houbo 700 feridos na explosión, moitos con importantes danos, maioritariamente queimaduras e outras feridas derivadas da explosión."More than a dozen killed, hundreds hospitalized after massive explosions rocks Chinese city" , Fox News Channel. Arredor de mil bombeiros acudiron á escena, morrendo doce, mentres que se perdeu contancto con outros 36 bombeiros. Os primeiros datos falan de máis de 50 mortos, e 71 feridos moi graves incluíndo os bombeiros.

Danos As fotografías e os vídeos mostran destrución extensa na área ao redor do almacén. Destruíronse os edificios de sete empresas de loxística, ademais tamén máis que mil coches novos nun aparcadoiro próximo quedaron desfeitos. O supercomputador Tianhe-1A apagouse logo que resultase afectado o Centro Nacional de Supercomputación de Tianjin polas explosións. Así e todo o computador aínda está operativo.

Reaccións A China Central Television informou que o presidente Xi Jinping e o primeiro ministro Li Keqiang instaron a "realizar todos esforzos para rescatar as vítimas e extinguir o lume." Algúns usuarios das redes sociais informaron que se eliminaran os seus comentarios sobre as explosións.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ruihai Logistics (web oficial, en chinés)

Categoría:China Categoría:2015 Categoría:Accidentes Categoría:Explosións