A Sintaxina 1A (STX1A ou STX1) é unha proteína codificada nos humanos no xene STX1A do cromosoma 7, que intervén na fusión de membranas durante a exocitose.
Función
As vesículas sinápticas almacenan neurotransmisores que son liberados durante a exocitose regulada polo calcio. A especificidade da liberación do neurotransmisor require a localización das vesículas sinápticas e dos canles de calcio na zona activa presináptica. As sintaxinas actúan neste proceso de fusión de vesículas.
A sintaxina 1A é un membro da superfamilia da sintaxina. As sintaxinas son proteínas específicas do sistema nervioso implicadas no atraque de vesículas sinápticas na membrana plasmática presináptica. As sintaxinas posúen un só dominio C-terminal transmembrana, un dominio SNARE (chamado H3), e un dominio regulador N-terminal (Habc). As sintaxinas únense á sinaptotagmina dun modo dependente do calcio e interaccionan con canles de calcio canles de potasio reguladas por voltaxe por medio do seu dominio C-terminal H3. A sintaxina 1A é unha proteína clave na regulación do canle iónica e na exocitose sináptica.
Importancia clínica As sintaxinas serven como substrato para a neurotoxina botúlica tipo C, unha metaloprotease que bloquea a exocitose e ten unha alta afinidade por un complexo molecular no que está incluído o receptor de alfa-latrotoxina, que produce unha exocitose explosiva.
O nivel de expresión de STX1A está correlacionado directamente coa intelixencia na síndrome de Williams.
Interaccións STX1A presenta interaccións con:
CPLX1, CFTR, NAPA, RNF40, SCNN1G, SLC6A1, SNAP-25, SNAP23, STXBP1, STXBP5, SYT1 UNC13B, VAMP2, e VAMP8.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Sintaxina
Categoría:Proteínas