A Callicarpa dichotoma é unha especie de arbusto pertencente ao xénero Callicarpa. É nativa da China, de Vietnam, de Corea e do Xapón.

Características Cultívase en xardíns como planta ornamental. As súas flores van do rosa ao branco e as súas bagas son púrpuras. Os froitos medran mestos en acios e proporcionan alimento para a fauna salvaxe, mais non son aproveitábeis para o seu uso culinario por mor do seu sabor amargo.

Véxase tamén Ligazóns externas Callicarpa dichotoma info Callicarpa dichotoma information

Categoría:Callicarpa Categoría:Plantas descritas en 1790 Categoría:Flora de Asia Categoría:Plantas ornamentais